luns, 26 de setembro de 2022

Comezamos a actividade deste novo curso

 

Comezamos o curso, coma en anos anteriores, coa limpeza da praia da Ermida en Corme, da man da asociación Chelonia (https://www.asociacionchelonia.org/).

Os alumnos de 1º ESO e 2º PMAR acompañados das profesoras Aurora Figueroa, Clara Regueira e Rosalía Regueiro asistiron primeiramente a unha charla no salón de actos impartida polos responsables de Chelonia e na que se lles mostrou a importancia de manter limpos os nosos mares. Acto seguido dirixímonos á praia e, divididos en grupos, procedemos á retirar o lixo clasificándoo por grupos. Ao finalizar a limpeza procedemos a pesar o lixo extraído.

Xa á tarde os alumnos puideron gozar da natureza salvaxe da praia.


 

martes, 20 de setembro de 2022