martes, 29 de maio de 2018

Colaboramos co CSIC

O CSIC quere desenvolver unha aplicación gratuíta para móbiles, Hi Score Scienc.
https://play.google.com/store/apps/details?id=com.KrakenEmpire.HiScoreScience


É un xogo de preguntas e respostas sobre Ciencia e buscan a nosa axuda para introducir preguntas. 
Botamos unha man?
Para os que aínda están pensándoo, haberá premios para os máis traballadores.

martes, 15 de maio de 2018

Traballando en silencio

Seguimos facendo números.
Temos moitos datos experimentais moi bonitos pero sen as matemáticas non serían máis que decoración.
Levamos xa case dous meses poñendo orde a eses números para conseguir sacar conclusións na nosa investigación.
Un traballo menos exposto á choiva e igual de importante.