xoves, 27 de outubro de 2022

xoves, 20 de outubro de 2022

Vaite deitar! Analizando como durmimos

 

Comezamos a traballar no tema de investigación deste ano.

Vaite deitar!

Parece que algúns alumnos teñen sono a todas horas, outros non atopan o momento de apagar a luz e incluso algúns dormen como troncos toda a noite. Seremos capaces de atopar os motivos desta variedade soporífera?

mércores, 19 de outubro de 2022

Dende os glaciares ata o interior da Terra

 


Acompañados por Fran Canosa visitamos o Xeoparque de Cabo Ortegal para adentrarnos nos misterios da Xeoloxía.

A pesar do frío que nos trouxo o día fomos quen de gozar doutra xornada de aprendizaxe de campo entre algunhas das paisaxes máis impresionantes do mundo.



xoves, 13 de outubro de 2022

Imos ver algún planeta que outro, se se deixa o tempo

 

Este é o cometa Haleboop e seguro que non o imos ver pero se o tempo o permite o próximo martes 18 de outubro as oito da noite estaremos vendo estrelas no faro de Brantuas. 

Animádevos a aprender do ceo

CANCELADO POR CHOIVA

domingo, 2 de outubro de 2022

El arte de vender mierda

 

Este libro reflicte unha boa visión da vida. Nel destácase a ignorancia da xente e a maldade que teñen algunhas persoas, a través de historias relacionadas coa pseudociencia. Recomendaría esta lectura a todo aquel que pense en comezar un tratamento pseudocientífico ou xa esté enproceso, porque despois deste libro posiblemente cambie de opinión
                                                                                                            Julia Mato. 1ºBacharelato A