xoves, 31 de xaneiro de 2019

Tinguimos bacterias



Na clase de cultura científica, os alumnos de primeiro de bacharelato fixemos unha tinción de Gram no laboratorio sobre bacterias obtidas no club de ciencias por alumnos de todo o instituto e nos resultados comprobamos que eran maioritariamente gram negativo.



luns, 28 de xaneiro de 2019

Recapitulando



1. Deseño da investigación e reparto de tarefas:




2. Recollida de mostras



3. Cultivo










4. Análise de resultados
Na reunión de hoxe subimos os resultados ao epicollet así que xa estamos na última fase, analizar os resultados da investigación. Para facelo cada un de vós terá que coller as imaxes das vosas placas e anotar:
- Variedade de organismos: Cantas colonias diferentes ten o voso cultivo
- Cobertura da placa: Cando recadros dun centímetro teñen algunha colonia de bacterias.

Para ver a vosa placa pinchade no enlace no que temos os datos subidos:
                - Enlace
Na próxima reunión poremos os datos en común



xoves, 24 de xaneiro de 2019

O Chuac realiza con éxito a primeira operación de corazón ao revés.



 A operación consistiu en restablecer de maneira correcta as conexións das aurículas cos ventrículos e dos ventrículos coas grandes arterias.

https://youtu.be/bcbZC_tZF30

http://lavoz.gal/ic3h98



martes, 22 de xaneiro de 2019

mércores, 16 de xaneiro de 2019

Este luns cambiamos o horario da reunión



O luns 21 de xaneiro imos cambiar lixeiramente os horarios e lugares de reunión.
Empezaremos a tarde cunha reunión só para os membros da comisión de programación:
  • Empezaremos ás 14:50
  • Na aula de informática do edificio 1

Para continuar cunha reunión do grupo completo:
  • Que empezará ás 15:20
  • No salón de actos. 

É moi importante que asistamos todos que imos repartir as torundas para facer o cultivo de microorganismos.


martes, 8 de xaneiro de 2019

Bacterias comedoras de hidrocarburos

Científicos da Universidade de Texas descubriron case dúas docenas de novos tipos de microbios, moitos dos cales empregan hidrocarburos como o metano e o butano como fontes de enerxía para sobrevivir e crecer, o que significa que as bacterias recén indentificadas poderían axudar a limitar concentracións de gases de efecto invernadoiro na atmosfera e algún día poderían ser útiles para limpar derrames de petróleo. 

FONTE: 



xoves, 3 de xaneiro de 2019

Ondas gravitacionais

Que pasa cando dous buratos negros supermasivos chocan? Ata o ano pasado non estabamos moi seguros.
Ondas gravitacionais! As ondas gravitacionais son ondas no espazo-tempo orixinalmente preditas por Albert Einstein fai máis de 100 anos, pero confirmado por primeira vez en 2016 polo LIGO (Laser Interferometer Gravitational-Wave Observatory).
Ata agora LIGO fixo catro deteccións de ondas gravitacionais que emanan das fusións dos buratos negros.

Fonte: NASA
https://www.jpl.nasa.gov/edu/news/tag/Black+Holes