xoves, 30 de maio de 2019

Seguimos presentando o proxecto de especies invasoras


O próximo mércores 5 de xuño aproveitaremos o Día Mundial do Medio Ambiente para difundir o noso proxecto " Mapa de especies invasoras da Costa da Morte"
Nesta ocasión contaremos con alumnos do CEIP Eduardo Pondal e con todos os membros da comunidade que podan acercarse ao IES Eduardo Pondal ás 10:20. A charla correrá a cargo dos alumnos do Club de Ciencias e terá lugar no salón de actos do centro.

mércores, 22 de maio de 2019

Atopan ferramentas de caza de hai 40000 anos

Atopadas en Tarragona mostras da cultura châtelperroniense. Esta mostra está na cova de Foradada de Calafell. A cultura nomeada caracterizábase por ser boa fabricando coitelos e puntas de lanza.


luns, 20 de maio de 2019

A velutina


Si, iso que vedes na imaxe tamén é unha velutina pero non é un artrópodo, é un molusco que vive nos nosos mares.
Estas semanas estivemos aprendendo a facer trampas para a avespa velutina. É o momento de cazar ás raiñas para evitar que fagan novos niños.
As bioinvasións son un gran problema ambiental e a velutina está resultando unha das grandes ameazas biolóxicas para o home.

xoves, 16 de maio de 2019

O Club de Ciencias no Festiciencia

  Volvimos todos enteiros do Festiciencia, e estivo cerca de non pasar. Este luns, ademais de repasar as normas de seguridade no laboratorio, avaliaremos o traballo realizado.
   Como avance dicirvos que dá gusto ver a implicación e capacidade de traballo de todo o grupo: noraboa rapaces!

luns, 13 de maio de 2019

Xa somos uns expertos en cosmética e seguimos aprendendo


A semana pasada rematamos a fabricación de xabrón como facían as nosas avoas e tras o Festiciencia entraremos de cheo na fabricación de cremas con esencias destiladas. Se todo se torce sempre podemos poñer unha tenda de produtos naturais.

domingo, 12 de maio de 2019

O mércores presentamos algúns dos nosos traballos no Festiciencia


Xa temos case todo preparado para os talleres que imos presentar no Festiciencia. Unha parte fundamental da Ciencia é a divulgación e con esta experiencia pretendemos adentrarnos neste mundo da mellor das formas, ensinando o traballo científico a todos os habitantes da nosa comarca.

venres, 10 de maio de 2019

O club de Ciencia visita Galiciencia


A pesar da esgotadora viaxe en autobús o balance non pode ser máis positivo: sabemos que os osiños de gominola teñen alma, aprendimos a non ser hackeados e volvimos todos sen problema. Obxectivo cumprido!

xoves, 9 de maio de 2019

Atopada nova especie humana en Filipinas

Chaman "Homo luzonensis" a un misterioso homínido descuberto en Filipinas, na Cueva de Callao na illa de Luzón, e que se pensa que viviu hai 67000 anos.
Atopáronse 13 ósos e dentes deste. É imposible reconstruír o seu rostro, xa que non temos ósos do cráneo, os dentes eran moi pequenos e todos os ósos pertencen a un neno e dous adultos.

xoves, 2 de maio de 2019