sábado, 21 de decembro de 2019

Feliz ano novo

xoves, 12 de decembro de 2019

Reciclamos papel

Seguimos no noso camiño hiperactivo pola Ciencia reducindo a pegada ecolóxica do noso centro. Xa temos contenedores de papel en todas as aulas, agora seguiremos concienciando para reducir, recuperar e reciclar.

martes, 3 de decembro de 2019

venres, 15 de novembro de 2019


O xeo en vez de romper, como se vai desconxelando lentamente vai dobrando, adquirindo a forma do obxecto que coloquemos debaixo.
A temperatura media era duns 21 °C polo que tivo tempo para irse desconxelando pouco a pouco e ir dobrando cara un lado. Unha vez dobrou uns 30°, rompe xa que a outra parte da barra de xeo actuou sobre ese lado.

mércores, 13 de novembro de 2019

xoves, 7 de novembro de 2019

Margarita Salas, a paixón pola Ciencia

















Hoxe é un día triste para a Ciencia, morreu Margarita Salas un exemplo para moitos científicos e unha pioneira nun mundo que era de homes. Descanse en paz.



martes, 29 de outubro de 2019

xoves, 24 de outubro de 2019

Retomamos as siluetas

  Xa está en marcha outro proxecto no noso Club de Ciencias e esta vez é un traballo con historia. Hai hai comezamos a elaborar unha siluetas en madeira das especies de aves máis características do noso esteiro. O traballo quedou inacabado e a nosa intención é completalo este curso.

luns, 21 de outubro de 2019

En Cabo Ortegal con Fran Canosa



Como xa empeza a ser tradición, este curso realizamos unha visita xeolóxica co noso xeólogo de cabeceira. Nesta ocasión visitamos o interior do noso planeta na serra da Capelada e rematando en Cabo Ortegal. Unha imaxe para o recordo con Adrián pisando as rochas do manto superior na descontinuidade de Mohorovicic.

mércores, 16 de outubro de 2019

Vémonos no laboratorio o día 28


Para facer ciencia outra vez
Lembrade que hai que recoller os permisos e entregalos para asistir ás reunións.

domingo, 13 de outubro de 2019

As nubes non axudaron nada pero ao final conseguimos ver Saturno e Xúpiter



Custou máis que outros anos pero na Ciencia hai que perseverar. Ao final vimos a Lúa co novo filtro, Saturno e Xúpiter e algunha estrela fugaz. Incluso por uns minutos Casiopea, Cefeo e outras constelacións.
Lembrade que estes días seguimos vendo algunhas estrelas fugaces pola constelación do Dragón.

mércores, 9 de outubro de 2019

Observación de estrelas e planetas

Aínda que probablemente o máis espectacular sexa a Lúa.
Vémonos o xoves 10 de outubro ás oito da tarde no faro de Brantuas.

Para ir abrindo boca contarvos que mirando á constelación do dragón podemos ver unha choiva de estrelas que ten o seu máximo o martes 8 de outubro. E onde está esa constelación? Descarga Stellarium no teu ordenador e descúbreo

mércores, 2 de outubro de 2019

Empezamos de novo

E facémolo cunha sesión de formación para a que necesitamos voluntarios do curso pasado.
Se formaches parte do club de ciencias e queres botar unha man apúntate para facer un pequeno taller cos alumnos de 1º ESO.
Para apuntarse falar con Isabel.

domingo, 29 de setembro de 2019

Rematamos as actividades do club de ciencias no CERN

   Onde volvimos a ter a oportunidade de falar con Isabel Bejar, aínda que só fora cinco minutos.
   Abaixo cos cascos preparados para detectar partículas no CMS. 


mércores, 19 de xuño de 2019


Cuando las estrellas masivas mueren al final de sus vidas cortas, encienden el cosmos con ráfagas brillantes y explosivas de luz y material conocido como supernovas. Esta galaxia espiral, capturada por el telescopio espacial de NASA Hubble, ha acogido múltiples supernovas en los últimos años.
Fuente: NASA




Detectados dous exoplanetas con carcterísticas parecidas á Terra

Detectáronse dous exoplanetas ppotencialmente habitables que orbitan arredor dunha enana vermella chamada Teegarden a 12.5 anos luz da Terra na constelación Aries. A masa desta estrela é 10 veces menor que a do Sol e a súa temperatura a metade, polo que cren que poden conter auga en estado líquido.

UNAM

Investigadores da UNAM desarrollan un fármaco con veneno de alacrán contra a tuberculose. Descubriron que a substancia tóxica que expulsa este animal contén dous compostos capaces de combatir as cepas de esta afección, resistentes a antibióticos, e ademais resistentes á bacteria estafilococo dorado.

Xenoma mitocondrial

Varios investigadores descubren que a anémona tubular (Isarachnanthus nocturnus) presenta o xenoma mitocondrial animal máis grande.

Los Neutrinos

Los neutrinos é un libro que fala sobre estas escurridizaspartículas, as suas poucas interaccións con outras partículas e comp se chegaron a descubrir.

martes, 18 de xuño de 2019

CYTOPHONE

Crean un tipo de láser, chamado Cytophone, que se emite cara as células tumorais circulantes (CTCs), conseguindo que estas absorban moita máis enerxía en forma de calor que as células normais. Así, as CTCs acaban destruídas.

https://www.gciencia.com/saude/laser-celulas-melanoma/


Os cans ulen o medo?
A resposta é sí, os cans teñen un gran olfato e son capaces de detectar as feromonas e a adrenalina que segregamos ao ter medo.

A camuflaxe do polbos

Os polbos teñen un gran capacidade de camuflaxe, gracias a que poseen toda seria de pigmentos que permiten reflexar a luz do entorno aínda vendo en blanco e negro.


luns, 17 de xuño de 2019

sábado, 15 de xuño de 2019

DESCUBREN UNHA ESTRUTURA METÁLICA BAIXO A LÚA.

Un grupo de investigadores descubriron que baixo a superficie da Lúa ocúltase unha estrutura metálica. Ao unir toda a información recopilada polas ondas GRAIL e polo LRO, decatáronse de que no entorno da cunca de Aitken, había un aumento de atracción gravitacional e que se atopaban ante unha anomalía. É probable que se trate dos restos metálicos dun meteorito que quedaron enterrados debaixo do manto lunar.

PARA MEDIR O VENTO, AEOLUS

Aeolus é o primeiro satélite meteorolóxico lanzado para recopilar datos da intensidade e dirección do vento de forma sistemática en todo o planeta. Foi posto en órbita en agosto do ano pasado e espérase que sirva para mellorar a precisión dos modelos de pedición do tempo, así como para entender o efecto dos ventos tropicais na variabilidade do clima.

Fonte: La Voz de la Escuela (La Voz de Galicia)





martes, 11 de xuño de 2019

VIH

Un estudo levado a cabo nun hospital e no Instituto de investigación do Sida IrsiCaixa, demostrou que cinco persoas infectadas por VIH, presentan actualmente un reservorio indetectable do virus tras recibir un transplante de células nai. Non se pode falar concretamente de curación pero sí de remisión.

IBM

IBM presenta a primeira computadora cuántica de uso comercial da historia.
Está diseñada para afrontar os problemas que actualmente se consideran demasiado complexos e exponenciais para os sistemas clásicos.


Charla de especies invasoras

Onte realizamos unha nova charla para divulgar o noso proxecto sobre especies invasoras. Seguimos aumentando as entradas e en breve ampliaremos o mapa en MapHub.

Gran traballo dos nosos divulgadores para dar a coñecer as especies invasoras.


domingo, 9 de xuño de 2019

Pfizer oculta indicios dun fármaco que pode previr o alzheimer.

No 2015, tras analizar centos de miles de reclamacións de seguros, un equipo de investigadores de Pfizer descobreu que un dos fármacos superventas da compañía, o Enbrel, un potente antinflamatorio para tratar a artritis reumatoide, podía reducir o risco de padecer alzhéimer nun 64%



luns, 3 de xuño de 2019

Retiran máis de 1400 kilos de margarita africana nas Illas Cíes e Ons

Máis de 30 estudantes universitarios da rama de ciencias ambientais da Universidade de Vigo e alumnos de Formación Profesional de Pontevedra e Mondoñedo participaron nunha campaña promovida polo Parque Nacional das Illas Atlánticas co fin de controlar a expansión da margarita africana polo arquipélago.

https://www.farodevigo.es/sociedad/2019/05/28/retiran-1400-kilos-margarita-africana/2113033.html


domingo, 2 de xuño de 2019

Falece Murray Gell-Mann

O mundo científico levantouse consternado este 24 de maio tras conocer a morte do físico estadounidense Murray Gell-Mann, premio Nobel de Física 1969 e inventor teórico dos quarks, as partículas máis elementais da materia.

https://www.efe.com/efe/america/gente/consternacion-en-el-mundo-cientifico-por-la-muerte-del-nobel-de-fisica-1969/20000014-3985009


xoves, 30 de maio de 2019

Seguimos presentando o proxecto de especies invasoras


O próximo mércores 5 de xuño aproveitaremos o Día Mundial do Medio Ambiente para difundir o noso proxecto " Mapa de especies invasoras da Costa da Morte"
Nesta ocasión contaremos con alumnos do CEIP Eduardo Pondal e con todos os membros da comunidade que podan acercarse ao IES Eduardo Pondal ás 10:20. A charla correrá a cargo dos alumnos do Club de Ciencias e terá lugar no salón de actos do centro.

mércores, 22 de maio de 2019

Atopan ferramentas de caza de hai 40000 anos

Atopadas en Tarragona mostras da cultura châtelperroniense. Esta mostra está na cova de Foradada de Calafell. A cultura nomeada caracterizábase por ser boa fabricando coitelos e puntas de lanza.


luns, 20 de maio de 2019

A velutina


Si, iso que vedes na imaxe tamén é unha velutina pero non é un artrópodo, é un molusco que vive nos nosos mares.
Estas semanas estivemos aprendendo a facer trampas para a avespa velutina. É o momento de cazar ás raiñas para evitar que fagan novos niños.
As bioinvasións son un gran problema ambiental e a velutina está resultando unha das grandes ameazas biolóxicas para o home.

xoves, 16 de maio de 2019

O Club de Ciencias no Festiciencia

  Volvimos todos enteiros do Festiciencia, e estivo cerca de non pasar. Este luns, ademais de repasar as normas de seguridade no laboratorio, avaliaremos o traballo realizado.
   Como avance dicirvos que dá gusto ver a implicación e capacidade de traballo de todo o grupo: noraboa rapaces!

luns, 13 de maio de 2019

Xa somos uns expertos en cosmética e seguimos aprendendo


A semana pasada rematamos a fabricación de xabrón como facían as nosas avoas e tras o Festiciencia entraremos de cheo na fabricación de cremas con esencias destiladas. Se todo se torce sempre podemos poñer unha tenda de produtos naturais.

domingo, 12 de maio de 2019

O mércores presentamos algúns dos nosos traballos no Festiciencia


Xa temos case todo preparado para os talleres que imos presentar no Festiciencia. Unha parte fundamental da Ciencia é a divulgación e con esta experiencia pretendemos adentrarnos neste mundo da mellor das formas, ensinando o traballo científico a todos os habitantes da nosa comarca.

venres, 10 de maio de 2019

O club de Ciencia visita Galiciencia


A pesar da esgotadora viaxe en autobús o balance non pode ser máis positivo: sabemos que os osiños de gominola teñen alma, aprendimos a non ser hackeados e volvimos todos sen problema. Obxectivo cumprido!

xoves, 9 de maio de 2019

Atopada nova especie humana en Filipinas

Chaman "Homo luzonensis" a un misterioso homínido descuberto en Filipinas, na Cueva de Callao na illa de Luzón, e que se pensa que viviu hai 67000 anos.
Atopáronse 13 ósos e dentes deste. É imposible reconstruír o seu rostro, xa que non temos ósos do cráneo, os dentes eran moi pequenos e todos os ósos pertencen a un neno e dous adultos.

xoves, 2 de maio de 2019

martes, 30 de abril de 2019

Paleontólogos de todo o mundo están reunidos en Wyomin (un dos estados que forma Estados Unidos), xa que é unha terra moi rica en fósiles tanto osos,huellas e plantas fosilizadas.A denominada "Misión Xurásica" proporcionará unha historia máis completa sobre o Periodo Xurásico.


xoves, 25 de abril de 2019

O HUCA consigue implantar o primeiro corazón artificial.

O Hospital Universitario Central de Asturias (HUCA) levou cabo o pasado mércores día 1 unha intervención inédita. O servizo de cirurxía cardíaca, que dirixe Jacobo Silva, implantou o primeiro corazón artificial.


Novo homínido atopado en Filipinas

Chaman "Homo luzonensis" a un misterioso homínido descuberto en Filipinas, na Cueva de Callao na illa de Luzón, e que se pensa que viviu hai 67000 anos.
Atopáronse 13 ósos e dentes deste. É imposible reconstruír o seu rostro, xa que non temos ósos do cráneo, os dentes eran moi pequenos e todos os ósos pertencen a un neno e dous adultos.https://elpais-com.cdn.ampproject.org/v/s/elpais.com/elpais/2019/04/10/ciencia/1554913422_860525.amp.html?amp_js_v=a2&amp_gsa=1&usqp=mq331AQCCAE%3D#referrer=https%3A%2F%2Fwww.google.com&amp_tf=De%20%251%24s&ampshare=https%3A%2F%2Felpais.com%2Felpais%2F2019%2F04%2F10%2Fciencia%2F1554913422_860525.html

martes, 23 de abril de 2019

HIRUDOTERAPIA

A hirudoretapia é o nome que se lle dá a técnica que consiste en curar alguns males con samesugas. Outra das moitas técnicas que se usan sen ningún fundamento científico. Estas técnica lévase a cabo na maioría dos países sen que esté mínimamente comprobado, cabendo a posibilidade de contraer diversas enfermidades. Antigamente utilizabase con moita frecuencia cando non sabían como curar aos enfermos.


domingo, 21 de abril de 2019

DESCUBREN EN CÁDIZ POLO MENOS DEZ ESPECIES MARIÑAS NOVAS.

Un traballo de investigación permitiu que, na praia de La Caleta, se identificaran 294 especies que viven ahí. Entre elas hai 10 especies mariñas detectadas que xa se comprobaron que son novas para a ciencia en todo o mundo. Esta lista podería aumentar, xa que hai outras 141 mostras faunísticas que non poideron ser analizadas  debido á súa complexidade.

FONTE: https://www.larazon.es/sociedad/ciencia/descubren-en-cadiz-al-menos-diez-especies-marinas-nuevas-BH22706502