martes, 19 de febreiro de 2019

Premio de Medicina china a Diego González

Diego González é un cirurxián da Coruña que recibiu o maior premio da medicina china. Este doutor popularizou en todo o mundo unha técnica chamada uniportal VATS que consistía en operar mediante videociruxía tumores de pulmón facendo unha soa incisión, o que fai que os pacientes teñan unha recuperación moi rápida e con moita menos dor.

http://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/sociedad/2019/01/18/cirujano-gallego-recibe-premio-medicina-china/0003_201901G18P26994.htm

https://youtu.be/Z5WHEr3wY4w


Visita a Traba


Depois dunhas primeiras horas desapacibles o tempo respectou a nosa saída de campo a Traba de Laxe.
Empezamos a xornada cunha charla sobre os ecosistemas dunares a cargo de Fernando, o noso guía, para saír camiño do areal de Traba onde realizamos un traballo de campo.
Unha vez nas dunas puxemos en práctica o aprendido realizando unha investigación para atopar os distintos tipos de dunas e identificar a vexetación característica de cada unha delas (Epicollet) Para os despistados lembrade que tedes que subir os datos na aplicación.




Unha breve pausa para comer e iniciamos os tranxectos para realizar o censo de aves.
Un día de campo e moito material para analizar.


mércores, 13 de febreiro de 2019

Cómo explicar genética con un dragón mutante

Trátase de un libro de xenética básico e moi recomendable para todos aqueles que están empezando a estudala xa que explica de forma moi simple algúns conceptos da xenética.


martes, 12 de febreiro de 2019

Información para entender mellor o CERN e a Física en xeral


Tal cual prometeu na charla xa temos aquí o primeiro mogollón de enlaces para entender algún dos conceptos de onte. Xa me dixeron que algún pedía algo máis de información, non vos preocupedes que a teredes.

Que precisamos para a visita a Traba?

Imos realizar unha investigación de campo polo que é importante que levemos todo o material que podamos necesitar:
  • Aplicación "Aves do esteiro do Anllóns" Esta aplicación só está dispoñible para Android en googleplay.
  • Aplicación epicollet. É necesaria para a recollida e reconto de datos.
  • Calma e silencio. Igual non o levamos pero é imprescindible
  • Ganas de observar.

O próximo luns visitamos as dunas de Traba

Os ecosistemas dunares son moi fráxiles e importantes polo que aproveitaremos para coñecer algo máis sobre eles.

luns, 11 de febreiro de 2019

Moitas grazas Isabel pola túa paciencia

Hoxe tivemos a oportunidade de celebrar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia escoitando a Isabel Bejar Alonso dende o CERN. Moitas dúbidas resoltas e espero que algunha vocación nova.

xoves, 7 de febreiro de 2019

Xa falta menos para a charla de Isabel Bejar

Este luns temos programada unha videoconferencia Con Isabel Bejar Alonso, doctora en Ciencias Físicas é unha das científicas españolas que traballa no CERN de Ginebra, un dos principais centros de investigación do mundo.
Este centro está asumindo importantes cambios para levarnos a solventar algunha das grandes cuestións da Física actual.
Vai pensando que queres preguntarlle que non é fácil ter esta posibilidade.

martes, 5 de febreiro de 2019

Existe o CERN?





O problema de internet é que calquera persoa pode escribir sobre o que lle apeteza, non é necesario saber nada. Menos mal que cun pouco de espírito critico podemos empregar a esta ignorancia para aprender.


luns, 4 de febreiro de 2019

Avanzando nos datos


Estes días estamos analizando os cultivos:
  • Tipo de colonias diferentes.
  • Número de colonias de cada tipo.
  • Cobertura de colonias na placa de petri. 
Para facelo empregamos unha aplicación feita con epicollet5

venres, 1 de febreiro de 2019

Avanzamos nas aplicacións


Lembrade os pasos necesarios para revisar e mellorar a aplicación de especies invasoras:
  • Descargar no móbil Epicollet5
  • Abrir a aplicación e pinchar en engadir proxecto (Arriba á dereita)
  • Buscar o proxecto "Invadindo 2019"
  • Engadir algunha entrada
  • Analizar posibles melloras