venres, 4 de febreiro de 2022

Seguimos aprendendo das aves do Anllóns

 Tivemos unha gran tarde con moitas observacións interesantes como lavancos reais, cercetas, mazaricos ou biluricos. 

Paporroibos e mitos poñían música ao noso paseo. 

A xornada rematou saudando a tres visitantes temporais do esteiro, unha parella de parrulos rabilongos, un parrulo asubiador e un par de serretas medianas.