martes, 29 de outubro de 2019

xoves, 24 de outubro de 2019

Retomamos as siluetas

  Xa está en marcha outro proxecto no noso Club de Ciencias e esta vez é un traballo con historia. Hai hai comezamos a elaborar unha siluetas en madeira das especies de aves máis características do noso esteiro. O traballo quedou inacabado e a nosa intención é completalo este curso.

luns, 21 de outubro de 2019

En Cabo Ortegal con Fran Canosa



Como xa empeza a ser tradición, este curso realizamos unha visita xeolóxica co noso xeólogo de cabeceira. Nesta ocasión visitamos o interior do noso planeta na serra da Capelada e rematando en Cabo Ortegal. Unha imaxe para o recordo con Adrián pisando as rochas do manto superior na descontinuidade de Mohorovicic.

mércores, 16 de outubro de 2019

Vémonos no laboratorio o día 28


Para facer ciencia outra vez
Lembrade que hai que recoller os permisos e entregalos para asistir ás reunións.

domingo, 13 de outubro de 2019

As nubes non axudaron nada pero ao final conseguimos ver Saturno e Xúpiter



Custou máis que outros anos pero na Ciencia hai que perseverar. Ao final vimos a Lúa co novo filtro, Saturno e Xúpiter e algunha estrela fugaz. Incluso por uns minutos Casiopea, Cefeo e outras constelacións.
Lembrade que estes días seguimos vendo algunhas estrelas fugaces pola constelación do Dragón.

mércores, 9 de outubro de 2019

Observación de estrelas e planetas

Aínda que probablemente o máis espectacular sexa a Lúa.
Vémonos o xoves 10 de outubro ás oito da tarde no faro de Brantuas.

Para ir abrindo boca contarvos que mirando á constelación do dragón podemos ver unha choiva de estrelas que ten o seu máximo o martes 8 de outubro. E onde está esa constelación? Descarga Stellarium no teu ordenador e descúbreo

mércores, 2 de outubro de 2019

Empezamos de novo

E facémolo cunha sesión de formación para a que necesitamos voluntarios do curso pasado.
Se formaches parte do club de ciencias e queres botar unha man apúntate para facer un pequeno taller cos alumnos de 1º ESO.
Para apuntarse falar con Isabel.