luns, 14 de decembro de 2020

O 21 de decembro hai que mirar ao ceo

 

O día do solsticio de inverno Xúpiter e Saturno estarán moi próximos no ceo, tanto que poderemos velos xuntos con prismáticos. Aproveitade que algo así non sucede dende hai 800 anos.

martes, 24 de novembro de 2020

Preparándonos para Galiciencia


 

Na nosa loita continua pola normalidade, este curso imos presentar un único proxecto a Galiciencia. Imos aproveitar a plataforma para dar a coñecer fóra da comarca o noso mapa de especies invasoras.


luns, 16 de novembro de 2020

Volvemos ao traballo, diga o que diga o coronavirus.

 


 E empezamos retomando algún dos proxectos que deixamos a medias o curso pasado. Por agora só os membros do club sabemos que vos espera, pero non tardaredes moito en ter noticias nosas.

xoves, 4 de xuño de 2020

Lecturas confinadas e desconfinadas

Seguimos lendo no Club de lectura de divulgación científica e, a falta de reunións presenciais, empregamos a tecnoloxía para falar de física cuántica.
ë incrible que sexa capaz de facer movidas ata as capturas de pantalla.😂😂😂

xoves, 5 de marzo de 2020

Empezamos a investigar coa horta.

Pódense plantar leitugas fóra de temporada? Os alumnos de FPB II de Automoción están poñendo a proba o saber popular. Esperamos os resultados.

luns, 2 de marzo de 2020

Navegando polo Universo con Iñigo

Esta semana continuamos o noso camiño cara a fabricación dun planetario portátil coa axuda de Iñigo de la Cuadra-Salcedo e o seu planetario portátil.

martes, 4 de febreiro de 2020

El paciente cero

El paciente cero. Club lectura 1º Bach. IES Eduardo Pondal.Ponteceso on PhotoPeach

A nosa aplicación de especies invasoras da Costa da Morte explicada en "Vivindo a Costa da Morte"


Aquí tedes o enlace ao audio no que explicamos o noso proxecto na radio. (Enlace) A nosa parte do programa está sobre o minuto 38, pero podedes escoitalo enteiro que o programa sempre é interesante.

luns, 3 de febreiro de 2020

Aviso informativo

En vista das dificultades atopadas para obter os correos necesarios para informar sobre a asistencia á actividade do Club de Ciencias, a partir desta última reunión incluiremos información sobre a asistencia na aula virtual do centro no apartado Club de Ciencia. Este sistema permite manter a confidencialidade ao tempo que asegura a información necesaria.

Proxecto CANSAT

Un grupo de alumn@s e un profesor do noso instituto decidiron participar nun concurso promovido pola Axencia Espacial Europea que se denomina Concurso Nacional Cansat.
Este concurso está deseñado para simular todos os aspectos dunha misión real de lanzamento dun satélite, incluído o seu deseño, desenvolvemento, posta a proba, lanzamento, funcionamento e análise de datos dun traballo en equipo.
Que é un Cansat?
É unha simulación dun satélite real integrado dentro do volume e forma dunha lata de refrescos.
O Cansat lánzase nun cohete a unha altitude aproximada dun quilómetro e despois déixase caer mediante un paracaídas. A partires dese intre comeza a súa misión, a cal consistirá na execuxión dun experimento científico, unha aterraxe sen datos e a análise dos datos recopilados durante o descenso. 
Se queredes seguir esta aventura polas RRSS:
Twitter: @pontesat
Instagram: @pontesat__

mércores, 29 de xaneiro de 2020

mércores, 22 de xaneiro de 2020

Retomamos o club de ciencia

      O próximo luns 26 de xaneiro retomamos a actividade do club de ciencias tras unhas merecidas vacacións. Lembrade que esta é a vía de aviso para saber cando hai ou non club de ciencia.
     É importante que veñades á reunión para organizar a semana posto que temos dúas actividades pendentes:
  • O día 29 comezamos coa horta en dous turnos: 1º,2º e 3º da ESO a segunda e terceira hora e 1º e 2º Bacharelato a cuarta e quinta hora.
  • O venres 31 de xaneiro imos a Coruña á Domus e ao Planetario. Saímos a 2º hora e voltamos sobre as 18:30.