mércores, 15 de novembro de 2023

Gozando do día da Ciencia

 Nada máis máxico que compartir paixóns e sen dúbida hoxe conseguímolo. Feliz día da Ciencia a todos













martes, 14 de novembro de 2023

Día da Ciencia

 


Mañá é o gran día e xa temos case todo listo

  • O noso volcán espera entrar en erupción. Veremos se a erupción de Islandia non participa do día da Ciencia
  • O fluído non newtoniano tamén está esperando demostrar as súas cualidades

 
  • Os cartos malgaches durmen ao fresco por última vez antes de queimarse
  • O esquelete espera tranquilo a moverse mañá
  • Star Wars e o resto do cine non sabe o que lle espera.
     

martes, 24 de outubro de 2023

Arrancamos as reunións dos luns

 



Como o tempo non dá unha tregua tivemos que facer a primeira reunión antes da tradicional saída para mirar o ceo nocturno. Non desesperemos que algún día deixará de chover.


E xa saímos con deberes. Moitas ideas para celebrar o día da Ciencia o próximo 15 de novembro e ánimos renovados para as nosas liñas de investigación.

Lembrade revisar na aula virtual os grupos de traballo

xoves, 5 de outubro de 2023

Taller micófilo en colaboración con AMABUL

 

Volvemos a estar en marcha e mentres esperamos a ver estrelas aproveitamos para coñecer máis do marabilloso reino dos fungos.

mércores, 21 de xuño de 2023

Lectura para iniciarse na Física Cuántica

 Neste curso 22/23 desde o Club de Ciencias propuxemos ao alumnado de 1º e 2º ESO ler de forma voluntaria un libro por avaliación.

Para que a motivación sexa maior, invitámolos a demostrar que leron o libro mediante unha breve proba de dez preguntas.

As tres novelas elixidas forman unha saga na que se mestura a fantasía coa física cuántica e fai que a ciencia sexa accesible e atractiva para todos os lectores.



O título é La puerta de los tres cerrojos, escrita por Sonia Fernández-Vidal, doutora en Física pola Universidade Autónoma de Barcelona, onde exerce como profesora. Ademais traballou nalgúns dos centros máis prestixiosos como o CERN, o Laboratorio Nacional de Los Álamos ou o ICFO e no 2017 foi seleccionada pola revista Forbes como unha das 100 persoas máis creativas do mundo.

La puerta de los tres cerrojos é a entrada ao mundo cuántico, a través da cal, Niko, un estudante pouco motivado polos seus profesores, atopa cantidade de personaxes fantásticos cos que confraterniza e onde incluso atopa o seu gran amor.

A historia está repleta de enigmas e aventuras a través das cales o protagonista descubrirá que as leis da física se descontrolaron e de el depende restablecer o equilibrio no universo.

A participación na actividade foi bastante satisfactoria, xa que o 28% do alumnado leu os 3 libros e un 10% leu polo menos os dous primeiros.

xoves, 15 de xuño de 2023

Obxectivo conseguido. O planetario avanza

 



Xa temos as constelacións montadas no planetario e todo recollidiño para seguir o curso que vén

Temos as constelacións montadas no planetario e todo recollidiño para seguir o curso que vén

xoves, 1 de xuño de 2023

Por fin temos o artigo rematado

 

Podedes consultar a investigación completa no seguinte enlace

Para os que prefiren esperar á peli aquí tedes as nosas conclusións:

  Os adolescentes que dormen sesta dormen menos de 6 horas pola noite.
• As horas de sono teñen relación coas horas de sesta, é dicir, se unha
persoa durme menos de 6 horas dormen máis de dúas horas de sesta.
• O tempo de recreo ou descanso é revitalizante.
As horas de sono dunha persoa non teñen relación co rendemento
académico.
• O 80% das persoas que responderon a nosa enquisa empregan algún tipo
de tecnoloxía na cama.
• Se unha persoa almorza ten máis enerxía durante o día, a diferencia das
persoas que non o fan.
• A maioría dos participantes teñen unha boa hixiene do sono no que
respecta ao ambiente xa que un 81% dormen coa habitación a escuras e un
87% precisan silencio.
• O noso público obxectivo non sufre pesadelos nin consume substancias de
noite.

• As persoas que dormen máis de 7 horas dormen sestas cortas solo en
ocasións puntuais ou cando sofren de moito cansanzo.
• Nas gráficas vese reflectido que se unha persoa durme sestas largas
redúceselle o cansanzo pola noite, este fenómeno ten correlación co sono de
menos de 6 horas.
Máis dunha cuarta parte dos que participaron na enquisa consumen tabaco,
bebidas enerxéticas, algunha pastilla e cafeína e teína antes de durmir.
• Os datos indican correlación entre durmir menos de 6 horas con malos
hábitos (consumo de excitantes ou durmir con música ou ASMR)
• As pesadelos frecuentes son resultado de mal ou pouco descanso
• Durmir sesta non mellora o rendemento académico, é máis, contribúe a
empeoralo
• As nosas conclusións parecen ter valor preditivo nos adultos xa que fomos
capaces de coñecer as horas que dorme unha persoa a partir dos seus hábitos.
• Nos adolescentes a sesta longa indica unha mala hixiene do sono.
• Atendendo aos estudos sobre o tema, aínda que non o traballamos na
nosa enquisa, parece claro que iniciar o instituto algo máis tarde axudaría a
mellorar o descanso dos adolescentes.

 

xoves, 11 de maio de 2023

Controlamos as variables do acuario



 Seguimos traballando no noso proxecto de investigación controlando as variables do acuario e tomando nota da súa evolución

xoves, 27 de abril de 2023

A vida segue no acuario



Esta semana tivemos novas incorporación no acuario. Martín trouxo tres muxes e un cangrexo.

Confiamos en que se adapten ben ao acuario. Polo momento o que parece contento coa súa

chegada é o sargo Paco. Ao lorcho Tino si que parece que non lle fixese moita gracia esta nova

incorporación.



martes, 11 de abril de 2023

Aprendendo no planetario


 

Aproveitando a Semana Cultural recibimos a visita de Jose Balsa, quen fora profesor neste

centro e gran impulsor do planetario.



Acompañado da profesora Cova e dos alumnos Gema, Lucas, Salva e Nicolás, axudounos a

programar as constelacións que xa foramos soldando e cosendo no interior da tenda de

campaña (moitas grazas ás profes Celia e Ana que nos axudaron!).



Agora xa queda todo listo para que toda a comunidade educativa poida gozar desta

experiencia. Queda pendente para o curso que vén a gravación de vídeos para proxectar na

parede da tenda que quedou espida.

mércores, 22 de marzo de 2023

Organización ante todo

 

Un correcto reparto de tarefas e unha boa retroalimentación son imprescindibles para calquera proxecto científico

luns, 6 de marzo de 2023

As primeiros habitantes do acuario


 Tras limpar e encher o acuario por fin puidemos traer as primeiras especies!

Aínda que acordáramos introducir tan só unha especie para empezar, Brais e Salva viñéronse

arriba e trouxeron: dous ourizos, dúas anemones, un lorcho, un sargo, tres cangrexos ermitáns

e uns 25 camaróns.



Queda por ver como se adaptan, aínda que nun principio o sargo parece sufrir bastante e pode

que teñamos que devolvelo ao mar. Móstrase apático, perdeu cor e apenas come.



xoves, 23 de febreiro de 2023

Seguimos soldando no planetario

 

En breve comezaremos a programación e para facelo primeiro temos que rematar de soldar e coser as constelacións.

martes, 14 de febreiro de 2023

Vaite deitar!

 

Nin quedamos sen imaxes de bichos durmindo nin esquecimos a nosa investigación principal deste ano. 

Por se algúen ten curiosidade por saber os resultados aquí tedes un enlace para velos. (Enlace)

xoves, 2 de febreiro de 2023

Compañeiras do mar e do ceo

 


 Entre o 14 de xaneiro e o 6 de febreiro puidemos gozar no noso centro da exposición
Compañeiras do mar e do ceo cedida por CEIDA.


Esta exposición fala das aves que reinan nos nosos mares, as cales non son para nada alleas ao
noso alumnado por ser moitos deles familiares de mariñeiros e por ter nos corredores do
centro unha exposición permanente de aves feitas en madeira.


martes, 31 de xaneiro de 2023

Os xenes e o ambiente

 


 Este martes a nosa biblioteca vestiuse de gala para recibir a Ángel Carracedo. Á charla, titulada
Falemos de xenes e ambientes, asistiron máis de 50 persoas de toda a comunidade educativa e
foi presentada polas alumnas Candela, Nerea e Inés.
O xenetista e catedrático Ángel Carracedo debullou dun xeito sinxelo e ameno a relación entre
a xenética e as enfermidades mentais. Tras a charla, respondeu ademais a todas as preguntas
formuladas polos asistentes, que non foron poucas.

mércores, 25 de xaneiro de 2023

Visitamos o CIMUS e a Fundación de Medicina Xenómica acompañados por Ángel Carracedo

 

O pasado luns 23 de xaneiro un grupo de 24 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato desprazáronse

a Santiago para visitar o Cactus, o Cimus e mais a Fundación de Medicina Xenómica.

Na primeira parte da visita, fixéronse dous grupos e, mentres o primeiro se dirixía ao Edificio

Cactus o segundo facía unha visita ao Cimus acompañados polo xenetista Ángel Carracedo.



Máis tarde encontrariámonos na Fundación de Medicina Xenómica onde, ademais de tomar un

café con Ángel Carracedo, puidemos gozar dunha visita guiada polas laboratorios das

instalacións.



martes, 24 de xaneiro de 2023

Seguimos aprendendo para o noso acuario

 

O mércores 18 de xaneiro a 22 alumnas e alumnos do Club de Ciencias, acompañados polas
profesoras Clara Regueira e Laura Sobrado, visitaron o Aquarium da Coruña.
Na visita a rapazada gozou das especies expostas nas distintas salas e puido tomar ideas para a
creación do noso propio acuario. Puidemos asistir ao momento de alimentar os peixes, pero
non tivemos a sorte de que o tiburón Gastón quixese comer, a pesares dos intentos do
mergullador. Por mor do temporal, tampouco puidemos ver as terrazas exteriores nin as focas.
O alumnado quedou encantado con esta visita.


Posteriormente dirixímonos ao MUNCYT, tamén na vila da Coruña. A visita guiada, aínda que
curta, foi ben aproveitada polos nenos e nenas, que participaron activamente e responderon,
case sempre con moi bo tino, ás preguntas dos guías.