mércores, 21 de xuño de 2023

Lectura para iniciarse na Física Cuántica

 Neste curso 22/23 desde o Club de Ciencias propuxemos ao alumnado de 1º e 2º ESO ler de forma voluntaria un libro por avaliación.

Para que a motivación sexa maior, invitámolos a demostrar que leron o libro mediante unha breve proba de dez preguntas.

As tres novelas elixidas forman unha saga na que se mestura a fantasía coa física cuántica e fai que a ciencia sexa accesible e atractiva para todos os lectores.



O título é La puerta de los tres cerrojos, escrita por Sonia Fernández-Vidal, doutora en Física pola Universidade Autónoma de Barcelona, onde exerce como profesora. Ademais traballou nalgúns dos centros máis prestixiosos como o CERN, o Laboratorio Nacional de Los Álamos ou o ICFO e no 2017 foi seleccionada pola revista Forbes como unha das 100 persoas máis creativas do mundo.

La puerta de los tres cerrojos é a entrada ao mundo cuántico, a través da cal, Niko, un estudante pouco motivado polos seus profesores, atopa cantidade de personaxes fantásticos cos que confraterniza e onde incluso atopa o seu gran amor.

A historia está repleta de enigmas e aventuras a través das cales o protagonista descubrirá que as leis da física se descontrolaron e de el depende restablecer o equilibrio no universo.

A participación na actividade foi bastante satisfactoria, xa que o 28% do alumnado leu os 3 libros e un 10% leu polo menos os dous primeiros.

xoves, 15 de xuño de 2023

Obxectivo conseguido. O planetario avanza

 



Xa temos as constelacións montadas no planetario e todo recollidiño para seguir o curso que vén

Temos as constelacións montadas no planetario e todo recollidiño para seguir o curso que vén

xoves, 1 de xuño de 2023

Por fin temos o artigo rematado

 

Podedes consultar a investigación completa no seguinte enlace

Para os que prefiren esperar á peli aquí tedes as nosas conclusións:

  Os adolescentes que dormen sesta dormen menos de 6 horas pola noite.
• As horas de sono teñen relación coas horas de sesta, é dicir, se unha
persoa durme menos de 6 horas dormen máis de dúas horas de sesta.
• O tempo de recreo ou descanso é revitalizante.
As horas de sono dunha persoa non teñen relación co rendemento
académico.
• O 80% das persoas que responderon a nosa enquisa empregan algún tipo
de tecnoloxía na cama.
• Se unha persoa almorza ten máis enerxía durante o día, a diferencia das
persoas que non o fan.
• A maioría dos participantes teñen unha boa hixiene do sono no que
respecta ao ambiente xa que un 81% dormen coa habitación a escuras e un
87% precisan silencio.
• O noso público obxectivo non sufre pesadelos nin consume substancias de
noite.

• As persoas que dormen máis de 7 horas dormen sestas cortas solo en
ocasións puntuais ou cando sofren de moito cansanzo.
• Nas gráficas vese reflectido que se unha persoa durme sestas largas
redúceselle o cansanzo pola noite, este fenómeno ten correlación co sono de
menos de 6 horas.
Máis dunha cuarta parte dos que participaron na enquisa consumen tabaco,
bebidas enerxéticas, algunha pastilla e cafeína e teína antes de durmir.
• Os datos indican correlación entre durmir menos de 6 horas con malos
hábitos (consumo de excitantes ou durmir con música ou ASMR)
• As pesadelos frecuentes son resultado de mal ou pouco descanso
• Durmir sesta non mellora o rendemento académico, é máis, contribúe a
empeoralo
• As nosas conclusións parecen ter valor preditivo nos adultos xa que fomos
capaces de coñecer as horas que dorme unha persoa a partir dos seus hábitos.
• Nos adolescentes a sesta longa indica unha mala hixiene do sono.
• Atendendo aos estudos sobre o tema, aínda que non o traballamos na
nosa enquisa, parece claro que iniciar o instituto algo máis tarde axudaría a
mellorar o descanso dos adolescentes.