mércores, 21 de xuño de 2023

Lectura para iniciarse na Física Cuántica

 Neste curso 22/23 desde o Club de Ciencias propuxemos ao alumnado de 1º e 2º ESO ler de forma voluntaria un libro por avaliación.

Para que a motivación sexa maior, invitámolos a demostrar que leron o libro mediante unha breve proba de dez preguntas.

As tres novelas elixidas forman unha saga na que se mestura a fantasía coa física cuántica e fai que a ciencia sexa accesible e atractiva para todos os lectores.



O título é La puerta de los tres cerrojos, escrita por Sonia Fernández-Vidal, doutora en Física pola Universidade Autónoma de Barcelona, onde exerce como profesora. Ademais traballou nalgúns dos centros máis prestixiosos como o CERN, o Laboratorio Nacional de Los Álamos ou o ICFO e no 2017 foi seleccionada pola revista Forbes como unha das 100 persoas máis creativas do mundo.

La puerta de los tres cerrojos é a entrada ao mundo cuántico, a través da cal, Niko, un estudante pouco motivado polos seus profesores, atopa cantidade de personaxes fantásticos cos que confraterniza e onde incluso atopa o seu gran amor.

A historia está repleta de enigmas e aventuras a través das cales o protagonista descubrirá que as leis da física se descontrolaron e de el depende restablecer o equilibrio no universo.

A participación na actividade foi bastante satisfactoria, xa que o 28% do alumnado leu os 3 libros e un 10% leu polo menos os dous primeiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario