martes, 20 de febreiro de 2024

A voltas co planetario

Seguimos traballando no noso planetario e cada vez queda menos para velo rematado. Estas semanas estamos redactando as explicacións que acompañarán as imaxes no planetario. Traballo pouco visible pero que despois será imprescindible para as nosas sesións. Agora só falta que deixe de chover e podamos ir a ver estrelas.
 


martes, 6 de febreiro de 2024

Conmemorando as nosas científicas do presente o do futuro

 

Outro ano máis traballando sobre as nosas científicas con motivo do Día da Muller e a Nena na Ciencia.


Nesta ocasión centrámonos en traballar cos máis novos do club nunha exposición sobre figuras femininas da investigación científica.