luns, 18 de xuño de 2018

Expoñemos o noso traballo

Unha das fases do traballo científico é a comunicación, e así decidimos rematar este curso o noso club de ciencias. O venres 15 de xuño Sara, Virginia e Sheila explicaron aos outros clubs de ciencia da comarca o noso traballo de investigación: "Relación entre as condicións fisico-químicas do océano coas capturas de dez especies significativas"

luns, 11 de xuño de 2018

Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica


Svante Pääbo é o novo gañador deste prestixioso premio. Os seus estudos sobre ADN antigo foron revolucionarios tanto nos resultados como no aspecto metodolóxico.
Agora que estamos analizando os resultados da nosa investigación o premio a Pääbo lémbranos a importancia dunha metodoloxía planificada e metódica.

mércores, 6 de xuño de 2018

Xa queda pouco para falar con Ángel Carracedo


O día 15 de xuño temos unha cita con Ángel Carracedo e cos clubs de ciencia de Cabana de Bergantiños e Malpica.
Xa estamos preparando a nosa intervención no encontro.