martes, 20 de maio de 2025

Seguimos traballando no marco do MARUMASAT

 


O alumnado do Club de Ciencias do IES de Ponteceso xunto co alumando de 2º ESO B participamos na misión MARUMASAT. O noso traballo centrouse na busca de vida microbiana, bacterias e fungos, na estratosfera. Para facelo subimos medios de cultivo para ambos grupos de organismos no interior da cápsula de forma que o aire entrara só na zona de recollida. Neste momento temos incubando os medios e pronto podermos dar resposta á pregunta de se hai microorganimos potencialmente patóxenos para o ser humano na estratosfera.

venres, 16 de maio de 2025

Doazón de órganos e tecidos

 

 

En colaboración co Departamento de Atención a persoas en situación de dependencia organizamos unha charla no centro sobre doazón de órganos e tecidos

xoves, 15 de maio de 2025

No CIMUS con Ángel Carracedo

 


O pasado martes estivemos traballando no CIMUS para extraer ADN das mostras recollidas no proxecto de xenotipado de especies vulnerables de Galicia.

         
Tres horas de traballo que se viron recompensadas coa calidade do resultado.
Moitas grazas ás nosas guías nesta experiencia.


  



venres, 25 de abril de 2025

Premio a mellor divulgación e patrocinio no Desafío Cansat para o grupo Ob

 


Merecido premio tras un curso de traballo e unha magnífica defensa.
Tendo en conta que o traballo foi sempre compartido a noraboa ten que ser compartido polos dous grupos de traballo así que noraboa Obelisco



Datación de rochas graníticas


 

Seguimos no noso esforzo divulgador e nesta ocasión axudounos o catedrático Francisco Rivadulla Fernández que traballa no CIQUS en Santiago de Compostela.

A actividade comenzou cunha charla na que nos falou de novos materiais e do uso do radón na datación de rochas graníticas. Posteriormente realizamos unha posta en práctica dos coñecementos adquiridos recollendo mostras de granito no Monte Branco.

  


xoves, 24 de abril de 2025

Determinación da data da morte

 


En colaboración coa USC este pasado martes 22 de abril tivemos unha intensa introdución ao traballo forense da man do catedrático Jose Ignacio Muñoz Barús. Fantástica experiencia que seguro durará moito nas nosas mentes.

mércores, 23 de abril de 2025

Lanzamento do Cansat

 
Despois de tantos meses de traballo por fin chegou o momento de lanzar os nosos satélites.
 

 








 


venres, 11 de abril de 2025

Volvemos a contar coa presenza de Ángel Carracedo nas actividades do Club de Ciencias



Outro ano máis Ángel volveu a acudir a nosa chamada para someterse as preguntas do noso grupo de expertos en xenética. Dúas horas de aprendizaxe e debates éticos que non deixou indiferente a ninguén.
Moitas grazas a todos os participantes pero especialmente a Ángel por prestarse sempre a todas as ideas que lle propoñemos dende o Club de Ciencias.

mércores, 26 de febreiro de 2025

venres, 21 de febreiro de 2025

Revivimos os Mundos Pasados en 3D


Escanea os códigos qr e revive a exposición Mundos Pasados dunha forma moito máis interactiva. 

Nas imaxes tedes algúns exemplos. Se queres ver todos os escenarios preme no enlace.

Todos os qr

venres, 31 de xaneiro de 2025

Visita ao CITIUS e o CIQUS

 


Onte realizamos unha visita a dous centros punteiros de investigación CITIUS e CIQUS. A pesar dalgún sobresalto a visita resultou moi enriquecedora.

Lembrade sempre almorzar antes de ir a algún lado. É a comida máis importante do día pero tamén é unha forma de aforrar sustos aos vosos profesores. 

A visita na páxina do CITIUS


mércores, 29 de xaneiro de 2025

Canto azucre ten a túa comida

 


Canto azucre comes con diferentes produtos presentes na maioría das casas.

Neste estudo poñemos en claro o contido de azucre de moitos alimentos frecuentes.

luns, 27 de xaneiro de 2025

Continuamos o traballo





 Unha vez sacamos todas as placas da estufa continuamos o estudo facendo tincións de gram.

mércores, 22 de xaneiro de 2025

Avanzamos no estudo dos microorganismos nos teléfonos móbiles

 


Xa temos resultados. 
Cultivamos as placas durante 48 horas e fotografamos cada unha das placas
Posteriormente volvimos a introducir a metade das placas na estufa para continuar o cultivo durante unha semana.
Mentres esperamos realizamos o conteo de microorganismos empregando a plataforma socrative para poñer en común os resultados.


xoves, 16 de xaneiro de 2025

Aliados cos astros

 


E nunca mellor dito porque o único momento do día no que o ceo estivo totalmente libre de nubes foi durante a nosa observación.

Deixáronse ver todos os planetas e o frío e a escuridade axudaron a completar unha observación espectacular. Tan concentrados estabamos que non fixemos nin unha foto. Outro ano será

mércores, 8 de xaneiro de 2025

Por fin podemos ver as estrelas

 


E xusto cando aparecen no ceo ben visibles Marte, Venus, Saturno, Xúpiter e unha fermosa lúa que vemos case chea.

Vémonos o mércores 15 de xaneiro ás sete da tarde no monte do Faro de Brantuas