xoves, 22 de maio de 2025
Xa temos a cápsula, as placas incubando e imaxes
Aínda é pronto para saber se fomos quen de recoller microorganismos posto que precisamos un mínimo de 48 horas pero imos avanzando no proxecto
martes, 20 de maio de 2025
Seguimos traballando no marco do MARUMASAT
O alumnado do Club de Ciencias do IES de Ponteceso xunto co alumando de 2º ESO B participamos na misión MARUMASAT. O noso traballo centrouse na busca de vida microbiana, bacterias e fungos, na estratosfera. Para facelo subimos medios de cultivo para ambos grupos de organismos no interior da cápsula de forma que o aire entrara só na zona de recollida. Neste momento temos incubando os medios e pronto podermos dar resposta á pregunta de se hai microorganimos potencialmente patóxenos para o ser humano na estratosfera.
venres, 16 de maio de 2025
Doazón de órganos e tecidos
En colaboración co Departamento de Atención a persoas en situación de dependencia organizamos unha charla no centro sobre doazón de órganos e tecidos
xoves, 15 de maio de 2025
No CIMUS con Ángel Carracedo
O pasado martes estivemos traballando no CIMUS para extraer ADN das mostras recollidas no proxecto de xenotipado de especies vulnerables de Galicia.
Tres horas de traballo que se viron recompensadas coa calidade do resultado.Moitas grazas ás nosas guías nesta experiencia.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)