xoves, 15 de novembro de 2018

Proba superada

Noite exitosa de observación planetaria. Deixáronse ver tanto Marte como Saturno e incluso fomos quen de observar algún dos satélites deste planetas.
Lástima non ter o filtro lunar porque o mellor que se deixou observar co telescopio foi así.
Imaxe Sandro Soto Costa

En canto chegue o fitro lunar volvemos a quedar para ver a Lúa e facerlle todas as fotos necesarias. Así tamén poderemos ver os avances que fixestes na localización das constelacións.

domingo, 11 de novembro de 2018

Observación de Saturno e Marte


Este mércores 14 de novembro imos ter unha ventá entre temporais que nos permite programar unha saída astronómica. Lembrade que o programa Skymap axuda moito se queremos localizar as constelacións así que sería boa idea levalo descargado.

HORA: 18:30
LUGAR: MONTE FARO EN BRANTUAS 
Os permisos están en conserxería.

Estade moi atentos a esta páxina para asegurarvos de que as nubes non impiden facer a saída.

luns, 5 de novembro de 2018

Lobo ou can?

Xa temos os resultados da nosa primeira investigación do ano: Distinguimos os lobos dos cans?
Agora toca analizalos para obter conclusións.

xoves, 1 de novembro de 2018

domingo, 28 de outubro de 2018

Terapia con abellas


 A pesar da gran cantidade de pseudociencias que existen, hai algunhas que chaman máis a atención que outras, neste caso trátase da terapia con picaduras de abella que produce un efecto claramente placebo, aínda que hai moitas persoas que creen neste tratamento.

Máis información:

https://www.20minutos.es/noticia/445824/0/abejas/salud/terapia/
http://www.bbc.com/mundo/noticias-43509234
https://youtu.be/O6GsolIgZdA




xoves, 25 de outubro de 2018

Física cuántica con un gato zombi

Física cuántica con un gato zombi é un libro que explica de maneira moi sinxela propiedades moi interesantes e divertidas sobre a mecánica cuántica.




sábado, 6 de outubro de 2018

         A ignorancia dos antivacunas.


Vacunarte ou vacunar aos teus fillos ou non facelo é unha decisión propia pero se decides non facelo hai moitas cousas que deberías saber, como por exemplo o dano que lle podes causar aos demais.