luns, 20 de maio de 2019

A velutina


Si, iso que vedes na imaxe tamén é unha velutina pero non é un artrópodo, é un molusco que vive nos nosos mares.
Estas semanas estivemos aprendendo a facer trampas para a avespa velutina. É o momento de cazar ás raiñas para evitar que fagan novos niños.
As bioinvasións son un gran problema ambiental e a velutina está resultando unha das grandes ameazas biolóxicas para o home.

xoves, 16 de maio de 2019

O Club de Ciencias no Festiciencia

  Volvimos todos enteiros do Festiciencia, e estivo cerca de non pasar. Este luns, ademais de repasar as normas de seguridade no laboratorio, avaliaremos o traballo realizado.
   Como avance dicirvos que dá gusto ver a implicación e capacidade de traballo de todo o grupo: noraboa rapaces!

luns, 13 de maio de 2019

Xa somos uns expertos en cosmética e seguimos aprendendo


A semana pasada rematamos a fabricación de xabrón como facían as nosas avoas e tras o Festiciencia entraremos de cheo na fabricación de cremas con esencias destiladas. Se todo se torce sempre podemos poñer unha tenda de produtos naturais.

domingo, 12 de maio de 2019

O mércores presentamos algúns dos nosos traballos no Festiciencia


Xa temos case todo preparado para os talleres que imos presentar no Festiciencia. Unha parte fundamental da Ciencia é a divulgación e con esta experiencia pretendemos adentrarnos neste mundo da mellor das formas, ensinando o traballo científico a todos os habitantes da nosa comarca.

venres, 10 de maio de 2019

O club de Ciencia visita Galiciencia


A pesar da esgotadora viaxe en autobús o balance non pode ser máis positivo: sabemos que os osiños de gominola teñen alma, aprendimos a non ser hackeados e volvimos todos sen problema. Obxectivo cumprido!

xoves, 9 de maio de 2019

Atopada nova especie humana en Filipinas

Chaman "Homo luzonensis" a un misterioso homínido descuberto en Filipinas, na Cueva de Callao na illa de Luzón, e que se pensa que viviu hai 67000 anos.
Atopáronse 13 ósos e dentes deste. É imposible reconstruír o seu rostro, xa que non temos ósos do cráneo, os dentes eran moi pequenos e todos os ósos pertencen a un neno e dous adultos.

xoves, 2 de maio de 2019