Nesta ocasión é unha alarma de ruído. A ver se conseguimos controlar a contaminación sonora no instituto.
Entre o COVID-19 e o tempo atmosférico non o estamos tendo fácil pero xa temos moitas gravacións para incorporar á aplicación.
Lástima que moitas das especies invernantes como a gabita vaian escapar sen poder ir a gravalas, as restricións de mobilidade son necesarias así que teremos que conformarnos.
Antes de que empece a chover imos retomar a horta.
Segundo o saber popular este é o mellor momento para plantar patacas polo que imos plantar as nosas. (Lúa nova e xaneiro). Seguindo o protocolo da nosa investigación pronto plantaremos outra remesa de patacas en momentos que non debemos (Crecente ou minguante e febreiro)
A Ciencia en marcha.
O día do solsticio de inverno Xúpiter e Saturno estarán moi próximos no ceo, tanto que poderemos velos xuntos con prismáticos. Aproveitade que algo así non sucede dende hai 800 anos.