martes, 4 de abril de 2017

Que veremos o mércores?

Este mércores 5 de abril quedamos ás nove e media xunto á igrexa de Niñóns para mirar o ceo. Por se alguén quere ir preparando información comentámosvos algunhas das cousas que poderemos ver.

Imaxe da NASA, sonda Juno
Sen dúbida destaca no ceo a presenza de Xúpiter, o xigante do Sistema Solar. Nestes días recibimos novas imaxes da sonda Juno que nos permiten aprezar mellor a interesante atmosfera deste planeta. (Tedes moita máis información no seguinte artigo, Naukas)

As nove e vinte, mentres aínda esteamos colocándonos, atravesará a gran velocidade a constelación do dragón un satélite artificial. 

Por suposto tamén poderemos ver as constelación máis características do hemisferio norte: Orión, Casiopea, Cefeo... Podes preparar os teus ollos mediante a aplicación Stellarium.

Ningún comentario:

Publicar un comentario