A nosa comarca vive cara a un mar que nos proporciona moitos recursos. Entre estes destacan os recursos pesqueiros que se comercializan en tres lonxas: Malpica, Corme e Laxe. A primeira parte do noso traballo analizará algunhas das principais especies pesqueiras de Galicia e a súa evolución ao long do ano.
A segunda parte do traballo resultará máis complicada posto que temos queremos analizar as condicións físicas e químicas do mar e para conseguilo teremos que documentarnos e fabricas ferramentas para a análise.
Na fase final buscaremos posibles relacións entre as condicións do mar e a abundancia de especies na lonxa.
A traballar. Dividámonos en grupos
Ningún comentario:
Publicar un comentario