sábado, 15 de decembro de 2018

Mamut conxelado

Unha noticia que lin un día explorando as páxinas curiosas de internet, conta que hai 3 anos atoparon un mamut apodado Suca no xeo de Siberia. Morrera con 10 anos hai 39.000 anos. Os científicos comprobaron que este animal morreu por unha persecucion duns leóns que lle ocasionou a rotura dunha pata traseira. Tamén viron que os humanos primitivos lle cortaran cachos de carne en varias partes do corpo.
Tamén hai uns meses atopouse un en Rusia pero co sangue aínda líquido. Crese que debeu caer nun estanque ou nun pozo, por iso a súa boa conservación.
ttps://www.abc.es/ciencia/20130530/abci-hallan-sangre-restos-mamut-201305301118.html https://youtu.be/fCwMgmD1UvE

Ningún comentario:

Publicar un comentario