Xa vemos algún resultado na zona das patacas.
Polo momento temos plantados seis regos.
Os catro primeiros non foron adiante polo que decidimos poñer a proba o método científico. Cal sería o motivo polo que non saíron as patacas?
- Por non ter fertilizante?
- Porque as patacas estaban curtadas demasiado pequenas? Cando cortamos as patacas para plantar fixémolo deixando moi pouca pataca xunto ao ollo. Igual ese foi o problema.
- Porque as plantamos na fase da Lúa equivocada? Os dous primeiros regos estaban plantados o día 19 de xaneiro, cuarto crecente, e os regos seguintes plantáronse o 10 de febreiro en Lúa nova. Atendendo a este dato non parece que a fase da Lúa influíra no resultado.
Descartamos a terceira opción e decidimos poñer a proba as dúas primeiras plantando dous novos regos divididos transversalmente por unha cinta branca e vermella que se pode ver na foto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario