xoves, 6 de abril de 2017

Onte fomos ver estrelas

E temos probas de que foi divertido.
Conseguimos localizar a constelación de Leo, que a necesitamos para Globe at night, e moitas outras máis.
Xa temos o nome da aplicación que empregou Rebeca para ver as estrelas. Sky Map.

martes, 4 de abril de 2017

Que veremos o mércores?

Este mércores 5 de abril quedamos ás nove e media xunto á igrexa de Niñóns para mirar o ceo. Por se alguén quere ir preparando información comentámosvos algunhas das cousas que poderemos ver.

Imaxe da NASA, sonda Juno
Sen dúbida destaca no ceo a presenza de Xúpiter, o xigante do Sistema Solar. Nestes días recibimos novas imaxes da sonda Juno que nos permiten aprezar mellor a interesante atmosfera deste planeta. (Tedes moita máis información no seguinte artigo, Naukas)

As nove e vinte, mentres aínda esteamos colocándonos, atravesará a gran velocidade a constelación do dragón un satélite artificial. 

Por suposto tamén poderemos ver as constelación máis características do hemisferio norte: Orión, Casiopea, Cefeo... Podes preparar os teus ollos mediante a aplicación Stellarium.

luns, 3 de abril de 2017

Analizando a contaminación lumínica con Globe at night

     Hoxe empezamos unha nova colaboración cun proxecto de Ciencia cidadá, imos botar unha man para facer un mapa de contaminación lumínica: aumento do brillo do ceo nocturno que nos impide ver as estrelas ou os planetas.
Foto: NASA Goddard Space Flight Center (Flickr)


     Como podedes ver na imaxe, é difícil atopar un punto en Europa que non estea iluminado de noite. En África somos capaces incluso de seguir parte do curso do río Nilo grazas ás luces.
     O proxecto Globe at night busca realizar un mapa completo para coñecer exactamente o nivel de contaminación lumínica de distintos puntos do planeta empregando a colaboración cidadá para facelo (mapa do 2015). Se miras o mapa do 2015 verás que non teñen ningún dato de Galicia e moi poucos de España así que lles imos botar unha man e así conseguimos que a nosa comarca apareza nese mapa. Só temos que facer cinco pasos:
  1. Debemos atopar no ceo a constelación que se está estudando neste momento. Os próximos días de observación serán: Entre o 18 e o 27 de abril, entre o 15 e o 26 de maio e entre o 15 e o 25 de xuño. E a constelación que están estudando é a de Leo. (Para localizar Leo no ceo quedaremos un día pero xa podedes ir buscándoa mediante a aplicación Stellarium que tedes en todos os ordenadores de clase e que podedes descargar no voso ordenador de casa posto que é gratuíto)
  2. Abrimos no teléfono móbil a páxina da aplicación e saímos á rúa: https://www.globeatnight.org/es/webapp/ 
  3. Esperamos uns dez minutos para que os ollos se adapten á luz e buscamos no ceo a constelación de Leo. 
  4. Compara as estrelas que ves mirando á constelación de Leo e compara coas opcións de magnitude que che ofrece a aplicación.
  5. Contesta ás cuestións sobre localización e meteoroloxía e envía a túa observación.
     Cantas máis observacións e localización fagamos máis completo será o mapa que obteñamos.
     Hoxe imos probar que tal se nos dá decidir a magnitude do brillo facendo unha práctica coa aplicación. (Pincha sobre a imaxe e abre noutra pestana o seguinte enlace)
https://www.globeatnight.org/quiz.php

    

sábado, 1 de abril de 2017

100 mitos de la ciencia de Daniel Closa Autet


O libro 100 mitos de la ciencia, escrito por  Daniel Closa Autet, é un libro que trata un conxunto de mitos que sin estar contrastados científicamente todo o mundo os cree, xa que, son aceptados como verídicos pola sociedade. Uns exemplos exemplos deses mitos que todos aceptamos como verdadeiro poden ser: As ortigas non pican se non respiras cando as tocas, ou se arrancas unha cana salenche catro, pois este libro é a forma perfecta de desmentir eses mitos.

Hijos de un tiempo perdido

De onde vimos? Por que andamos de pé? A que se debe que falemos? Quen foron os nosos antepasados? A resposta a estas e máis cuestións neste espléndido libro!
Crítica e imaxe de Diego Moreira