mércores, 28 de outubro de 2026

No CERN en Ginebra

 



O alumnado de bacharelato do Club de Ciencias atópase en Ginebra visitando o CERN, un dos centros pioneiros na investigación mundial. 

Noticia na prensa: enlace, enlace.

martes, 16 de xuño de 2026

Rematamos temporada abrindo novas investigacións

 


Finalizamos as actividades do club de ciencias iniciando a primeira investigación do próximo curso: como evolucionan os niveis de ruido no Instituto. 

Nesta última reunión deixamos preparada a programación das microbits para comezar os rexistros en setembro.

Bo verán a todos



venres, 27 de marzo de 2026

Nova edición do noso Café Científico con Ángel Carracedo

 


Nesta ocasións falamos de pedagoxía, de futuro, de Bioloxía, de ética... sempre dende a perspectiva da Ciencia.

Tres horas que se fixeron curtas. Moitas grazas de novo a Ángel Carracedo pola súa predisposición e talante.

xoves, 26 de marzo de 2026

Taller de potingues

 


Un clásico da nosa Semana Cultural, o taller de potingues para alumnado de 1º ESO no que os alumnos do Club de Ciencias funcionan como monitores.

mércores, 25 de marzo de 2026

Charla sobre o Cultivo in vitro de plantas superiores

 


En colaboración coa USC fomos quen de coñecer as marabillas da clonación vexetal. Resulta que un carballo cabe nun tubo de ensaio.

Ruta pola enseada do Anllóns

 


Dentro da XXIV Semana Cultural do IES Eduardo Pondal o Club de Ciencia organizou unha ruta polo esteiro do Anllóns en colaboración co Programa de educación ambiental Patrimonio Natural.