domingo, 2 de outubro de 2022
El arte de vender mierda
martes, 20 de setembro de 2022
venres, 10 de xuño de 2022
O mundo na túa cabeza
Pechamos a XX Semana Cultural cunha actividade promocionada polo Club de Ciencias e na que tivemos como invitado a Casto Rivadulla, profesor de Fisioloxía da UDC.
xoves, 9 de xuño de 2022
Segunda oportunidade
Novamente os cans foron protagonistas na Semana Cultural, concretamente os cans dos que non falan na Asociación de Amigos da Canceira de Ordes.
mércores, 8 de xuño de 2022
Divulgamos no Centro
O pasado curso solicitamos a colaboración da Comunidade Educativa nun traballo de investigación, Lobo ou can, ti que dis?
Chega o momento de compartir cos nosos colaboradores os resultados do noso estudo.
martes, 7 de xuño de 2022
Presentamos a nosa nova aplicación na Semana Cultural
Unha vez completado o traballo chega o momento de divulgalo, e que mellor momento que a Semana Cultural.
domingo, 29 de maio de 2022
Guías ornitolóxicos
Durante a visita dos alumnos do IES Miguel Catalán de Coslada os alumnos do Club de Ciencias realizamos unha visita guiada ao esteiro do Anllóns. Aproveitamos tamén para presentar a nosa nova aplicación que está publicada tamén na páxina do IES Eduardo Pondal
martes, 24 de maio de 2022
domingo, 22 de maio de 2022
Seguimos traballando a concienciación coas limpezas de praias.
Depois de que a semana pasada foran os alumnos de 3º da ESO os participantes na limpeza, esta semana correspondeulles aos alumnos de 4º ESO.
Seguimos avanzando no noso proxecto de concienciación
martes, 17 de maio de 2022
Sons do Anllóns
Tras dous anos de traballo temos dispoñible a aplicación "Sons do Anllóns" en galego e castelán.
O curso pasado empregamos a plataforma Birdnet para facernos cos cantos das aves da comarca. Unha vez ordenados nun banco de sons procedimos este curso a ordenalos nunha aplicación
Tedes máis información no seguinte enlace
xoves, 5 de maio de 2022
Rematamos o artigo e xa está enviado á Incubadora de Sondaxes.
O proxecto lunáticos está rematado e entregado no concurso "Incubadora de Sondaxes"
Por agora non podemos dicir nada dos resultados, pero a final de mes xa rematará o segredo.
martes, 5 de abril de 2022
Como poden axudarnos as matemáticas nas investigacións?
Xa temos máis de 500 datos de nacementos. Non está nada mal para as limitacións que puxemos na mostra. Pero agora que facemos con iso? Pois será cuestión de pedirlle axuda ás matemáticas.
xoves, 24 de marzo de 2022
Somos lunáticos
Inflúe a Lúa nas nosas vidas.
Levamos dous cursos traballando na influencia da Lúa sobre os cultivos pero este curso volvimos a discutir a eterna polémica. Nacen máis nenos en lúa chea?
martes, 15 de marzo de 2022
Aprendemos sobre Sistemas de Información Xeográfica
Seguimos a voltas co noso mapa de especies invasoras e para mellorar decidimos aprender algo máis sobre os sistemas de información geográfica.
venres, 4 de febreiro de 2022
Seguimos aprendendo das aves do Anllóns
Tivemos unha gran tarde con moitas observacións interesantes como lavancos reais, cercetas, mazaricos ou biluricos.
Paporroibos e mitos poñían música ao noso paseo.
A xornada rematou saudando a tres visitantes temporais do esteiro, unha parella de parrulos rabilongos, un parrulo asubiador e un par de serretas medianas.
mércores, 26 de xaneiro de 2022
Primeira semana plantando patacas
Tras delimitar a horta coas coles esta semana plantamos catro regos de patacas o luns e outros catro o mércores.
A semana que vén máis.
xoves, 20 de xaneiro de 2022
Arranca a nosa horta científica
Cos traballos de preparación da terra.
Esta semana plantamos coles para delimitar a horta, a ver se conseguimos que non nos pisen o traballo
Para a semana que vén comezamos a plantar patacas: Aluaranse?
martes, 18 de xaneiro de 2022
Analizando a concienciación dos nosos compañeiros
Coidamos o noso centro? Se non somos capaces de coidar o espazo no que estamos todos os días dificilmente poderemos coidar a nosa contorna.
Onde tiramos lixo e canto? Pois haberá que mirar
venres, 14 de xaneiro de 2022
De paseo polo esteiro do Anllóns
Comezamos o ano de paseo.
Seguimos co proxecto ao redor das aves do Anllóns: grabando cantos, facendo fotos e aprendendo.