luns, 29 de abril de 2024

Saía á praia

 



O noso alumnado de 1º de ESO e algún de 3º participa un ano máis na actividade proposta pola Asociación Ambiental Chelonia. 

Durante a xornada a nosa rapazada recolleu 80,44 kg de residuos da praia da Ermida, aprendeu qué debemos facer para coidar que os plásticos non danen o medioambiente e sobre todo desfrutou dunha mañá ó aire libre nun entorno extraordinario.

 





venres, 26 de abril de 2024

Recibimos a Carmen Rivas para falar de virus e cancro

 



A colaboración co CIMUS continua e hoxe tivemos o pracer de falar con Carmen Rivas, investigadora galega do CIMUS. 

Moitas grazas pola visita pero xa avisamos que haberá que repetir porque foron moitas as preguntas que non deu tempo a responder.



mércores, 17 de abril de 2024

Obradoiro da Sociedade Xuvenil Galega de Química

 

O pasado luns tivemos unha reunión moi especial do club de ciencias xa que contamos coa visita da SXGQ. 





domingo, 7 de abril de 2024

Reconstruíndo mundos pasados

 

Os fósiles son máis que ósos e no taller "Reconstruíndo mundos pasados" demostramos esta premisa dando vida a doce ecosistemas fósiles

venres, 5 de abril de 2024

Grazas Ángel por aceptar sempre os retos que che propoñemos

 


Este curso dende o club de ciencias eliximos un novo formato para a visita do noso científico de cabeceira, Ángel carracedo. Ao redor dun café falamos de xenética, de estudos futuros ou de psiquiatría. 

Un pracer como todos os anos.

mércores, 3 de abril de 2024

Divulgando a química no Taller de Pontingues

 

Na semana cultural do instituto os alumnos do club de ciencias achegamos a química recreativa aos alumnos de 1º e 2º da ESO grazas ao taller de potingues.

Fixemos perfumes

labiais,




sales de baño 

pero fundamentalmente o que fixemos foi gozar da química.

martes, 2 de abril de 2024

Planetario portátil

 

Tras unha nova visita de Jose xa case temos rematada a programción do noso planetario portátil.