venres, 30 de novembro de 2018

A QUIROMANCIA

A quiromancia é unha pseudociencia que consiste nun proceso adivinatorio que se realiza mediante a interpretación das raias da man. A pesar de que non existe ningunha proba que diga que si se pode adiviñar hai moita xente que cree neste método.

https://lacienciaysusdemonios.com/2013/10/31/10-razones-para-no-creer-en-la-quiromancia/

https://youtu.be/dHQ3aGH0CaE


xoves, 29 de novembro de 2018

Buscamos datos de pesca para analizar os resultados do curso pasado

Na reunión de hoxe quedamos en buscar datos de pesca na lonxa de Malpica para analizar posibles correlacións entre os sólidos en suspensión e os datos de pesca de robaliza.
Para aplicar as fórmulas que comentamos hoxe necesitamos anotar os datos de pesca obtidos desta páxina:
Cada un ten que mirar os resultados dun día (que teredes que modificar arriba á dereita) pero sempre seleccionando primeiro Malpica.
Unha vez teñades o resultado aumentade o número de especies debaixo da gráfica para asegurarvos de que aparecen as robalizas.(Podedes chegar a 25 especies)

Aquí van as datas a analizar e os encargados de facelo:
  • 25 xaneiro. Hugo García e Virginia
  • 2 febreiro. Hugo Mato
  • 7 febreiro. Sara e Xoel
  • 15 febreiro. Estela e Carlota
  • 23 febreiro. Uxía e Laura
  • 28 febreiro. Sandro e Brais.
  • 8 marzo. Miguel
  • 16 marzo. Sonia e Sheila
  • 12 abril. Yaissa

domingo, 18 de novembro de 2018

Analizando mostras


Esta semana estivemos analizando as mostras que recollimos no bateo do mes pasado. Aínda que pareza mentira moitas das mostras seguían húmidas tras tres semanas de secado. Noutra entrada ensinámosvos os cristais que vimos co microscopio.

xoves, 15 de novembro de 2018

Proba superada

Noite exitosa de observación planetaria. Deixáronse ver tanto Marte como Saturno e incluso fomos quen de observar algún dos satélites deste planetas.
Lástima non ter o filtro lunar porque o mellor que se deixou observar co telescopio foi así.
Imaxe Sandro Soto Costa

En canto chegue o fitro lunar volvemos a quedar para ver a Lúa e facerlle todas as fotos necesarias. Así tamén poderemos ver os avances que fixestes na localización das constelacións.

domingo, 11 de novembro de 2018

Observación de Saturno e Marte


Este mércores 14 de novembro imos ter unha ventá entre temporais que nos permite programar unha saída astronómica. Lembrade que o programa Skymap axuda moito se queremos localizar as constelacións así que sería boa idea levalo descargado.

HORA: 18:30
LUGAR: MONTE FARO EN BRANTUAS 
Os permisos están en conserxería.

Estade moi atentos a esta páxina para asegurarvos de que as nubes non impiden facer a saída.

luns, 5 de novembro de 2018

Lobo ou can?

Xa temos os resultados da nosa primeira investigación do ano: Distinguimos os lobos dos cans?
Agora toca analizalos para obter conclusións.

xoves, 1 de novembro de 2018