"Olaa a todos!! Somos Jennifer, Bea e Nuria, alumnas do IES Eduardo Pondal de Ponteceso,
e precisamos a vosa axuda! Entra nesta páxina e dálle a "gústame" e se
podes difunde isto. Unha viaxe ao CERN(maior laboratorio de física de
partículas do mundo) ou unhas entradas para Naukas 2017 están en xogo.
Moitas grazas de anteman pola vosa colaboración e viva a #cienciaengalego!!"
mércores, 31 de maio de 2017
luns, 29 de maio de 2017
domingo, 28 de maio de 2017
Compartindo os nosos coñecementos sobre aves
Este sábado 3 de xuño ás dez da mañá daremos unha charla sobre as principais aves do esteiro na Fundación Eduardo Pondal no Couto, en Ponteceso.
Estades todos invitados a compartir as nosas investigacións deste inverno.
sábado, 27 de maio de 2017
xoves, 25 de maio de 2017
Paseando aos fillos pola Ponte
Esta fin de semana Mouhssin descubriu un dos primeiros paseos dunha familia de alavancos reais. Só falta papá.
luns, 22 de maio de 2017
domingo, 21 de maio de 2017
Participando en Cienciaclip
Boas, somos Jenni, Bea e Nuria, alumnas do IES de Ponteceso, e precisamos da túa axuda! Entra nesta páxina e dálle a "gústame" e,
se podes, difunde isto. Unha viaxe ao CERN (o maior laboratorio de
física de partículas do mundo) ou unhas entradas para Naukas 2017 están
en xogo. Moitas grazas e que viva a #cienciaengalego
venres, 19 de maio de 2017
Repartindo torundas para analizar as bacterias da cociña
Iniciamos o noso proxecto de microbioloxía repartindo as torundas para tomar mostras. O luns faremos os cultivos na reunión do club de ciencias.
Lembrade o procedemento.
INVESTIGAMOS
AS BACTERIAS PRESENTES NA TÁBOA DE CORTAR.
Neste proxecto de
investigación queremos coñecer as bacterias coas que compartimos as
táboas que se empregan para cortar na cociña de casa.
A primeira parte deste
proxecto implica a recollida ordenada de mostras empregando torundas
estériles.
- Deixamos a táboa sen limpar tras o último uso e esperamos un par de horas.
- Pasamos a torunda pola táboa e etiquetamos. É moi importante etiquetar ben: que alumno recolle a mostra e que condicións ten. Neste caso anotamos o noso nome e poñemos o número 1.
- Limparemos a metade da táboa con xabrón e auga e a outra metade só con auga. Sempre auga fría.
- Pasamos unha torunda pola metade lavada con xabrón e gardamos e etiquetamos a torunda. Nesta etiqueta poremos o noso nome e o número dous.
- Pasamos a segunda torunda pola outra metade da táboa, a lavada con auga e etiquetamos correctamente. Nesta etiqueta poremos o noso nome e o número tres.
O luns levamos as nosas
mostras á reunión do club de ciencias para facer o cultivo.
mércores, 17 de maio de 2017
A enquisa da percepción social da ciencia demostra curiosas carencias
Novamente volve a sorprendernos a cultura científica dos españois. Na VIII Enquisa de percepción social da Ciencia publicada polo FECYT volvemos a atopar curiosas respostas a preguntas de cultura científica básica.
Segundo un 11'7% dos encuestados o Sol xira ao redor da Terra. E case unha cuarta parte pensa que os dinosauros conviviron cos humanos. Curioso, non?
Segundo un 11'7% dos encuestados o Sol xira ao redor da Terra. E case unha cuarta parte pensa que os dinosauros conviviron cos humanos. Curioso, non?
luns, 15 de maio de 2017
domingo, 14 de maio de 2017
Buscando ADN
Nunha xornada con asistencia reducida por culpa da viaxe a Portugal, o pasado luns vestímonos de forenses e obtivemos ADN de tres especies vexetais: cebola, pemento e kiwi.
Aínda que un pouco apurados de tempo ao final fomos capaces de obter bos resultados.
Só a cebola puxo problemas á hora de revelar o seu ADN.
Agora só falta investigar sobre as cuestións que saíron da experiencia.Para que serven cada un dos pasos do procedemento?
Aínda que un pouco apurados de tempo ao final fomos capaces de obter bos resultados.
Só a cebola puxo problemas á hora de revelar o seu ADN.
Agora só falta investigar sobre as cuestións que saíron da experiencia.Para que serven cada un dos pasos do procedemento?
- O lavavaixelas
- a batedora
- O zume de piña
- O alcol
xoves, 11 de maio de 2017
Os nenos da variola
Unha recomendación imprescindible despois de estar traballando no Club de Ciencia sobre as vacinas. Neste libro descubriremos unha historia fundamental para a loita contra a variola e que nos toca moi de cerca.
luns, 8 de maio de 2017
As aspirinas teñen algún efecto sobre a duración das flores dun xarrón?
Espero que a ninguén se lle ocurra arrancar a flor da correola das praias para poñer nun xarrón pero algunhas veces recibimos como regalo un ramo de flores. Que facedes con elas? Algúns afirman que temos que poñelas nun xarrón con auga e unha aspirina disolvida para que duren máis. Será verdade?
Pois imos poñelo a proba.
Pois imos poñelo a proba.
xoves, 4 de maio de 2017
Por que son importantes as vacinas?
O razonamento científico baséase no método indagativo, un sistema de traballo que nos permite afirmar por exemplo que as vacinas son un dos grandes avances médicos e sociais dos últimos séculos. Grazas a elas conseguimos vencer á variola, unha das enfermidades máis terribles do planeta. Porén, neste mundo da información algunhas persoas evitan facer uso desta e seguen negando a súa importancia poñéndonos a todos en perigo.
Vax, un xogo on line, permítenos entender por que é importante que a maior cantidade de xente posible estea vacinada contra as enfermidades.
A rede da imaxe representa unha sociedade coas relacións que establecemos entre nós. En cada nivel do xogo permítennos un número determinado de vacinas para frear unha epidemia. Cada vacina rompe enlaces reducindo as posibilidades da infección.
Cantas máis persoas vacinadas, menor probabilidade de epidemia, é así de fácil.A voltas coas columnas
Na segunda sesión os gañadores posan xunto aos seus aceites cambiantes.
Pero non esquezamos o resto de grupos.
Pero non esquezamos o resto de grupos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)