luns, 22 de xaneiro de 2018

xoves, 18 de xaneiro de 2018

Volvemos ao traballo

Unha vez superado o pequeno problema das ondas de 15 metros volvemos ao traballo. Na imaxe vedes a Uxía e a Claudia medindo o pH mentres Sandro se asegura de que non caia o líquido protector. Todos traballando baixo a supervisión de Brais e Uxía.

martes, 16 de xaneiro de 2018

Mañá non podemos ir a mostrear

Segundo Meteogalicia mañá mércores 17 de xaneiro hai alerta vermella no mar por mar de fondo con ondas de máis de oito metros. Aínda que somos xente curtida en mil batallas non queda máis remedio que SUSPENDER O MOSTREO.

NON VOS ACERQUEDES AO PUNTO DE MOSTREO, PODE SER PERIGOSO.

O xoves mostrearemos en Laxe como estaba previsto, a non ser que Meteogalicia diga o contrario.