Non todas as estrelas son iguais.Unha cámara da NASA capturou este cúmulo de estrelas encontrados no borde da gran nube de Magallanes, unha pequena galaxia situada cerca da vía láctea.
As agrupacións de estrelas son estruturas comúns en todo o universo, cada unha formada por centos de miles de estrelas todas unidas unia gravidade.
Fonte: NASA
https://www.nasa.gov/image-feature/goddard/2018/hubble-captures-stars-across-generations
xoves, 27 de decembro de 2018
xoves, 20 de decembro de 2018
Exploración de Marte
Aterriza con exito o primeiro robot que explorará o interior de Marte, despois dde sete meses de expedición.
Durante os dous próximos anos, a nave empregará as súas ferramentas para levar a cabo a primeira revisión exhaustiva de Marte de de que se formou hai 4,5 millóns de anos.
Esta misión axudaranos a entender como os planetas rocosos, incluida A Terra, se formaron.
FONTES:
https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/sociedad/2018/11/26/pica-marte-nave-insight-consigue-amartizar-exito-planeta-rojo/00031543261952527414968.htm

sábado, 15 de decembro de 2018
Mamut conxelado
Unha noticia que lin un día explorando as páxinas curiosas de internet, conta que hai 3 anos atoparon un mamut apodado Suca no xeo de Siberia. Morrera con 10 anos hai 39.000 anos. Os científicos comprobaron que este animal morreu por unha persecucion duns leóns que lle ocasionou a rotura dunha pata traseira. Tamén viron que os humanos primitivos lle cortaran cachos de carne en varias partes do corpo.
Tamén hai uns meses atopouse un en Rusia pero co sangue aínda líquido. Crese que debeu caer nun estanque ou nun pozo, por iso a súa boa conservación.
ttps://www.abc.es/ciencia/20130530/abci-hallan-sangre-restos-mamut-201305301118.html https://youtu.be/fCwMgmD1UvE

X fráxil
O X fráxil ou tamén coñecido como síndrome de Martin-Bell é unha alteración xenética que se manifesta mediante problemas no desenvolvemento e un retraso mental. O responsable desta enfermidade é un xene que se atopa no cromosoma sexual X o cal queda afectado pola presenza desta mutación.
venres, 14 de decembro de 2018
Partos
Os partos planificados na casa presentan enormes riscos para o bebé, sobre todo se non está na posición adecuada, un gran sangrado da nai e, en determinados casos, a morte para un deles ou para os dous. Nos hospitais hai tratamentos para evitar a dor (epidural), atención médica para a embarazada e seguridade para nai e fillo.
xoves, 13 de decembro de 2018
mércores, 12 de decembro de 2018
A ACUPUNTURA
Tradicionammente a acupuntura foi empregada con bastante frecuencia no tratamento de dores agudas e crónicas de diferentes orixes, pero, ten isto un fundamento científico?
https://misteriosaldescubierto.wordpress.com/informes-especiales/la-acupuntura-es-mentira/
https://elpais.com/elpais/2018/03/20/buenavida/1521542631_583856.html

martes, 11 de decembro de 2018
Uniportal VATS
Imposible é nada.
Lectura recomendada para todas aquelas persoas que por moi duro que se faga o camiño non perdan a razón pola que loitar. Cando menos o esperas aparece esa esperanza de vida.
E tamén a quen teña ganas de aprender.
domingo, 9 de decembro de 2018
martes, 4 de decembro de 2018
Buque oceanográfico "Ramón Margalef"
Lástima non poder contar con estes aparellos na nosa investigación do curso pasado.
sábado, 1 de decembro de 2018
venres, 30 de novembro de 2018
A QUIROMANCIA
A quiromancia é unha pseudociencia que consiste nun proceso adivinatorio que se realiza mediante a interpretación das raias da man. A pesar de que non existe ningunha proba que diga que si se pode adiviñar hai moita xente que cree neste método.
https://lacienciaysusdemonios.com/2013/10/31/10-razones-para-no-creer-en-la-quiromancia/
https://youtu.be/dHQ3aGH0CaE

xoves, 29 de novembro de 2018
Buscamos datos de pesca para analizar os resultados do curso pasado
Na reunión de hoxe quedamos en buscar datos de pesca na lonxa de Malpica para analizar posibles correlacións entre os sólidos en suspensión e os datos de pesca de robaliza.
Para aplicar as fórmulas que comentamos hoxe necesitamos anotar os datos de pesca obtidos desta páxina:
Cada un ten que mirar os resultados dun día (que teredes que modificar arriba á dereita) pero sempre seleccionando primeiro Malpica.
Unha vez teñades o resultado aumentade o número de especies debaixo da gráfica para asegurarvos de que aparecen as robalizas.(Podedes chegar a 25 especies)
Aquí van as datas a analizar e os encargados de facelo:

- 25 xaneiro. Hugo García e Virginia
- 2 febreiro. Hugo Mato
- 7 febreiro. Sara e Xoel
- 15 febreiro. Estela e Carlota
- 23 febreiro. Uxía e Laura
- 28 febreiro. Sandro e Brais.
- 8 marzo. Miguel
- 16 marzo. Sonia e Sheila
- 12 abril. Yaissa
domingo, 25 de novembro de 2018
domingo, 18 de novembro de 2018
Analizando mostras
Esta semana estivemos analizando as mostras que recollimos no bateo do mes pasado. Aínda que pareza mentira moitas das mostras seguían húmidas tras tres semanas de secado. Noutra entrada ensinámosvos os cristais que vimos co microscopio.
xoves, 15 de novembro de 2018
Proba superada
Noite exitosa de observación planetaria. Deixáronse ver tanto Marte como Saturno e incluso fomos quen de observar algún dos satélites deste planetas.
Lástima non ter o filtro lunar porque o mellor que se deixou observar co telescopio foi así.
En canto chegue o fitro lunar volvemos a quedar para ver a Lúa e facerlle todas as fotos necesarias. Así tamén poderemos ver os avances que fixestes na localización das constelacións.
Lástima non ter o filtro lunar porque o mellor que se deixou observar co telescopio foi así.
Imaxe Sandro Soto Costa
domingo, 11 de novembro de 2018
Observación de Saturno e Marte
Este mércores 14 de novembro imos ter unha ventá entre temporais que nos permite programar unha saída astronómica. Lembrade que o programa Skymap axuda moito se queremos localizar as constelacións así que sería boa idea levalo descargado.
HORA: 18:30
LUGAR: MONTE FARO EN BRANTUAS
Os permisos están en conserxería.
Estade moi atentos a esta páxina para asegurarvos de que as nubes non impiden facer a saída.
luns, 5 de novembro de 2018
Lobo ou can?
Xa temos os resultados da nosa primeira investigación do ano: Distinguimos os lobos dos cans?
Agora toca analizalos para obter conclusións.
xoves, 1 de novembro de 2018
domingo, 28 de outubro de 2018
Terapia con abellas
A pesar da gran cantidade de pseudociencias que existen, hai algunhas que chaman máis a atención que outras, neste caso trátase da terapia con picaduras de abella que produce un efecto claramente placebo, aínda que hai moitas persoas que creen neste tratamento.
Máis información:
https://www.20minutos.es/noticia/445824/0/abejas/salud/terapia/
http://www.bbc.com/mundo/noticias-43509234
https://youtu.be/O6GsolIgZdA
xoves, 25 de outubro de 2018
sábado, 6 de outubro de 2018
mércores, 26 de setembro de 2018
Colaboramos nun proxecto de Ciencia Cidadá
Neste proxecto de Ciencia Cidadá piden a nosa axuda para averiguar canto sabemos de anatomía. Só tedes que localizar unha serie de órganos no corpo. Vale, está en inglés pero así practicamos.
luns, 18 de xuño de 2018
Expoñemos o noso traballo
Unha das fases do traballo científico é a comunicación, e así decidimos rematar este curso o noso club de ciencias. O venres 15 de xuño Sara, Virginia e Sheila explicaron aos outros clubs de ciencia da comarca o noso traballo de investigación: "Relación entre as condicións fisico-químicas do océano coas capturas de dez especies significativas"
sábado, 16 de xuño de 2018
luns, 11 de xuño de 2018
Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica
Svante Pääbo é o novo gañador deste prestixioso premio. Os seus estudos sobre ADN antigo foron revolucionarios tanto nos resultados como no aspecto metodolóxico.
Agora que estamos analizando os resultados da nosa investigación o premio a Pääbo lémbranos a importancia dunha metodoloxía planificada e metódica.
mércores, 6 de xuño de 2018
Xa queda pouco para falar con Ángel Carracedo
O día 15 de xuño temos unha cita con Ángel Carracedo e cos clubs de ciencia de Cabana de Bergantiños e Malpica.
Xa estamos preparando a nosa intervención no encontro.
martes, 29 de maio de 2018
Colaboramos co CSIC
O CSIC quere desenvolver unha aplicación gratuíta para móbiles, Hi Score Scienc.
É un xogo de preguntas e respostas sobre Ciencia e buscan a nosa axuda para introducir preguntas.
Botamos unha man?
Para os que aínda están pensándoo, haberá premios para os máis traballadores.
É un xogo de preguntas e respostas sobre Ciencia e buscan a nosa axuda para introducir preguntas.
Botamos unha man?
Para os que aínda están pensándoo, haberá premios para os máis traballadores.
martes, 15 de maio de 2018
Traballando en silencio
Seguimos facendo números.
Temos moitos datos experimentais moi bonitos pero sen as matemáticas non serían máis que decoración.
Levamos xa case dous meses poñendo orde a eses números para conseguir sacar conclusións na nosa investigación.
Un traballo menos exposto á choiva e igual de importante.

mércores, 9 de maio de 2018
martes, 17 de abril de 2018
martes, 10 de abril de 2018
martes, 3 de abril de 2018
sábado, 24 de marzo de 2018
xoves, 22 de marzo de 2018
Mañá imos ao IES Urbano Lugrís de Malpica a explicar a nosa investigación
Todo preparado para facer unha demostración do cálculo da DBO, da recollida de mostras e da vida microscópica do noso océano.
mércores, 21 de marzo de 2018
Invitados sorpresa
Fixádevos ben no vídeo que está enlazado á imaxe. Non só podemos ver o movemento do protozoo, en segundo plano vemos outros organismos que cruzan a escena.
luns, 19 de marzo de 2018
Seguimos observando
E seguimos vendo novos organismos.
Neste último caso pinchando sobre a imaxe poderás ver un vídeo co movemento que mostrou á cámara.
Neste último caso pinchando sobre a imaxe poderás ver un vídeo co movemento que mostrou á cámara.
domingo, 18 de marzo de 2018
O tempo sigue sen dar tregua
E este venres Carlota e Virginia tiveron que lidiar de novo con precipitacións variadas e con moito frío. O traballo de laboratorio é máis cómodo que o de campo.
mércores, 14 de marzo de 2018
luns, 12 de marzo de 2018
Seguimos observando
Nas mostras de auga había moitos organismos vivos pero non os imos ver todos seguidos que igual cansa. Aquí tedes outra mostra, neste caso un protozoo.
venres, 9 de marzo de 2018
Vivindo na auga de mar
Levamos xa un tempo traballando no laboratorio coas mostras que recollemos no mar e xa ía sendo hora de botarlle un ollo aos seres vivos que veñen nesa auga.
Empezamos por un alga cun colorido espectacular.
xoves, 8 de marzo de 2018
Introducindo datos no epicollet
Xa levamos días nos que o mostreo é independente e parece que estamos funcionando moi ben. Os datos van entrando con orde e aínda non tivemos perdas importantes.
Lembrade que sempre poderedes completar algún dato que non escribiramos no momento posto que epicollet nos permite facelo.
Lembrade que sempre poderedes completar algún dato que non escribiramos no momento posto que epicollet nos permite facelo.
luns, 5 de marzo de 2018
Des-extinciónes. Una inmersión rápida
Podemos des-extinguir especies? Trátase dunha pregunta técnica que ten unha resposta apaixonante. É posible facer que o dodo ou o mamut volvan a poboar os nosos ecosistemas?
Debemos des-extinguir especies? Pois igual esta é a primeira pregunta que deberiamos facernos antes de intentalo.
Respostas e reflexións sobre o tema podemos atopalas neste libro de Carles Lalueza-Fox. Apaixonante coma sempre.
mércores, 28 de febreiro de 2018
luns, 26 de febreiro de 2018
Avanzamos no laboratorio
E os continuos temporais non paran de traer sólidos na auga de mostra. Esta semana toca analizar a auga de Malpica.
mércores, 21 de febreiro de 2018
A que velocidade hai que beber un zume para que non perda as vitaminas?
Hai un par de semanas discutiamos este tema. O novo libro de Deborah García Bello fai un percorrido por este e outros mitos que corren entre nós. Merece a pena probalo!
luns, 12 de febreiro de 2018
mércores, 7 de febreiro de 2018
Malpica non quere ser estudada
Hai tres semanas o temporal impediunos coller mostras para analizar no laboratorio e hoxe recibiunos con sarabia, frío, vento e choiva. Un día perfecto para estar na casiña.
sábado, 3 de febreiro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)