venres, 23 de abril de 2021

Olimpiada de Xeoloxía. Fase Nacional 2021


 

 Un dos membros máis antigos do noso club, David Méndez, vén de conseguir unha meritoria quinta praza na fase nacional da XII Olimpiada de Xeoloxía.

Noraboa David

mércores, 14 de abril de 2021

Seguimos traballando na nosa horta científica

 Xa vemos algún resultado na zona das patacas. 


Polo momento temos plantados seis regos. 

Os catro primeiros non foron adiante polo que decidimos poñer a proba o método científico. Cal sería o motivo polo que non saíron as patacas?

  1. Por non ter fertilizante?
  2. Porque as patacas estaban curtadas demasiado pequenas? Cando cortamos as patacas para plantar fixémolo deixando moi pouca pataca xunto ao ollo. Igual ese foi o problema.
  3. Porque as plantamos na fase da Lúa equivocada? Os dous primeiros regos estaban plantados o día 19 de xaneiro, cuarto crecente, e os regos seguintes plantáronse o 10 de febreiro en Lúa nova. Atendendo a este dato non parece que a fase da Lúa influíra no resultado.

Descartamos a terceira opción e decidimos poñer a proba as dúas primeiras plantando dous novos regos divididos transversalmente por unha cinta branca e vermella que se pode ver na foto. 

 


 


venres, 9 de abril de 2021

Montamos os medidores de dióxido de carbono, humidade e temperatura

 

Xa temos funcionando os medidores de 1º ESO.

Moitas grazas a Jose pola súa paciencia e dedicación.

E rematamos a semana falando de cans

 

Da man de Salomé e da asociación de Amigos da Canceira de Ordes. "Segunda Oportunidade".

Os alumnos de 4º ESO C aproveitaron a visita para facer bo uso do seu "mal falar" doando á asociación a súa recaudación.

Moitas grazas a Salomé e a todos os voluntarios que fan posible que moitos peludos teñan unha segunda oportunidade.


xoves, 8 de abril de 2021