Un ano máis participaremos nas actividades do Día da Ciencia en galego.
xoves, 27 de outubro de 2022
xoves, 20 de outubro de 2022
Vaite deitar! Analizando como durmimos
Comezamos a traballar no tema de investigación deste ano.
Vaite deitar!
Parece que algúns alumnos teñen sono a todas horas, outros non atopan o momento de apagar a luz e incluso algúns dormen como troncos toda a noite. Seremos capaces de atopar os motivos desta variedade soporífera?
mércores, 19 de outubro de 2022
Dende os glaciares ata o interior da Terra
Acompañados por Fran Canosa visitamos o Xeoparque de Cabo Ortegal para adentrarnos nos misterios da Xeoloxía.
A pesar do frío que nos trouxo o día fomos quen de gozar doutra xornada de aprendizaxe de campo entre algunhas das paisaxes máis impresionantes do mundo.xoves, 13 de outubro de 2022
Imos ver algún planeta que outro, se se deixa o tempo
Este é o cometa Haleboop e seguro que non o imos ver pero se o tempo o permite o próximo martes 18 de outubro as oito da noite estaremos vendo estrelas no faro de Brantuas.
Animádevos a aprender do ceo
CANCELADO POR CHOIVA
domingo, 2 de outubro de 2022
El arte de vender mierda
Este libro reflicte unha boa visión da vida. Nel destácase a ignorancia
da xente e a maldade que teñen algunhas persoas, a través de historias
relacionadas coa pseudociencia. Recomendaría esta lectura a todo aquel
que pense en comezar un tratamento pseudocientífico ou xa esté
enproceso, porque despois deste libro posiblemente cambie de opinión
Julia Mato. 1ºBacharelato A
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)