domingo, 31 de marzo de 2019

Oito talleres e unha charla o traballo do club de Ciencia na semana cultural.

 
Recén rematada a Semana Cultural do instituto chega o momento de valorar o traballo.
Foron oito talleres de cosmética e unha charla de presentación da nosa aplicación para localizar o mapa de especies invasoras.
30 Alumnos do club de ciencias fixeron posible todo este traballo: monitores, encargados de limpeza, ponentes...
Gran traballo rapaces, agora polo próximo proxecto.

martes, 26 de marzo de 2019

Saca la lengua


Volvemos a ter noticias de "Saca la Lengua", o proxecto de Ciencia cidadá no que participamos hai dous cursos.
Espero que a estas alturas todos os participantes recibirades a información dos microorganismos da vosa boca.Os resultados mostran que a auga é un gran modulador do microbioma.
Para facer boca sempre podedes xogar ao novo xogo creado a partir do proxecto. (enlace)

sábado, 23 de marzo de 2019

"Paladear con el cerebro".


"Paladear con el cerebro".
A todas aquelas personas que viven unha nova experiencia á hora de comer, este libro axúdanos a entender cómo reacciona o cerebro diante destas mensaxes que tanto cociñeiros como alimentos nos queren transmitir.


Acupuntura.

A ONG internacional sobre a saúde, fixo estudos científicos e afirma que a acupuntura é insuficiente. É dicir, non serve para nada. Baséase na idea de que ó noso corpo recórreno una serie de canais enerxéticos.


Ángel Carracedo.

Ángel Carracedo presentou na fundación INGADA ( Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados) ,na Coruña, una guía do apoio ao estudo. Él mesmo di que " ten un TDAH e non lle foi mal ".



CIMUS.

O Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas atópase en Santiago de Compostela e é un dos máis importantes a nivel nacional e internacional. A súa misión é conseguir avances na prevención, entendemento e tratamento dunha enfermidade crónica.




Huntington.

A enfermidade de Huntington é hereditaria e provoca o desgaste dalgunhas células nerviosas do cerebro. As persoas nacen co xen defectuoso pero os síntomas (problemas de equilibrio, movementos descontrolados...) non aparecen ata despois dos 30 ou 40 anos.





Irisina.

Según conclúe unha investigación realizada en ratos por distintas universidades arredor do mundo, a irisina, unha hormona producida polos músculos ao facer exercicio físico, protexe contra o deterioro cognitivo causado polo alzheimer.
Isto permite abrir unha vía a unha posible terapia para mellorar a memoria nestes pacientes.




venres, 22 de marzo de 2019

Laboratorio virtual.

Grazas aos avances tecnolóxicos, dispoñemos de gran cantidade de ferramentas para involucrarnos en determinados asuntos, xa sexa curar una leucemia, fabricar pel......
Aquí vos deixamos un enlace para que poidades aprender a curar leucemias!



A sanidade española.

Todos queremos unha sanidade eficiente e a bo prezo e, ainda que non o sepamos apreciar, a sanidade do noso país atópase entre unha das máis desenvolvidas do mundo. Isto sabémolo grazas a un estudo realizado hai un par de anos.




xoves, 21 de marzo de 2019

O extraño caso da bebé embarazada do seu irmán xemelgo

Naceu un bebé en Colombia embarazado do seu irmán xemelgo. Este caso, coñecido como "gemelo parásito" dase en 1 de cada 500000 debido a unha separación tardía das células que iban dar lugar a dous irmáns xemelgos.

http://lavoz.gal/0pw6v3


sábado, 16 de marzo de 2019

A homeopatía


A homeopatía é unha pseudociencia a cal asegura que unha substancia que provoca determinados síntomas nunha persoa sana é capaz de curar a unha enferma aplicándoa en grandes cantidades.


xoves, 7 de marzo de 2019

Especies invasoras da Costa da Morte


Xa temos avanzado un novo proxecto do Club de Ciencias: Un mapa de especies invasoras da Costa da Morte. A nosa comarca ten unha flora autóctona única que está sufrindo polo rápido crecemento dunha serie de plantas invasoras que compiten con elas polo espazo e os nutrientes. Coñecer o estado destas bioinvasións pode axudarnos a reducir o problema.
Para botarnos unha man só tes que seguir os seguintes pasos:
  1.  Descarga no teu móbil a aplicación Epicollet. (Válida para Android e IOS)
  2. Abrir a aplicación e engadir un proxecto. No buscador de proxectos poñer "Invadindo a Costa da Morte"
  3. Pasear pola nosa comarca e cando subir a localización e as fotos das especeis invasoras:
    1. Engadir entrada
    2. Elixir a especie atopada
    3. Pinchar a localización e subir unha imaxe
    4. Cando rematemos gardar e subir a entrada.

Por agora centramos os nosos esforzos en catro especies:
  • Mimosa. (Acacia dealbata) De orixe australiano, forma grandes masas arbustivas cunha baixa riqueza ecolóxica. Crece rapidamente tras os incendios reducindo o espazo dispoñible para as especies autóctonas. (Máis información)



  • Herba da Pampa (Cortaderia seollana) Cunha gran capacidade de supervivencia e rexeneración tras incendios. Cubre grandes masas reducindo o espazo dispoñible para especies autóctonas. (Máis información)





  • Vinca (Vinca ) Aínda que é orixinaria de África e sur de Europa a vinca está comportándose como especie invasora ocupando grandes espazos mediante un rápido crecemento. (Máis información)




  • Unlla de gato (Carpobrotus edulis) Planta rastreira que crece no litoral. Procedente de Sudáfrica, cubre grandes superficies da nosa costa competindo coas especies autóctonas. (Máis información)





  • Margarita africana. (Arctotheca calendula) Reemplaza ás especies autóctonas en ecosistemas dunares e litorais.(Máis información)

venres, 1 de marzo de 2019