venres, 26 de febreiro de 2021

Lobo ou can? Ti que dis?

Preme no enlace ou escanea o código qr e comproba os teus coñecementos.

 Para acceder á enquisa tes que escribir: CIENCIAS3161


 

Completando a enquisa estás axudándonos a facer Ciencia


xoves, 18 de febreiro de 2021

Unha horta científica precisa de boas ferramentas de medición de variables.

 


E a iso nos dedicamos dende o club de ciencias. Xa temos montado e funcionando o medidor de temperatura e humidade do solo.    

sábado, 13 de febreiro de 2021

xoves, 11 de febreiro de 2021

Día da muller e a nena na Ciencia

 

Na mañá de hoxe contamos coa presenza no IES Eduardo Pondal de Ponteceso da investigadora do CSIC Nieves Pilar Vidal González. Doutora en Bioloxía é investigadora no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e achegouse ao noso centro grazas a un programa do CSIC para acercar o traballo das mulleres científicas aos alumnos de secundaria. A súa ponencia titulada "Falemos das árbores: para investigar precisamos de todas as mentes e todas as mans." foi dirixida ao alumnado do Club de Ciencias do Instituto e versou sobre os seus temas de investigación relacionados co cultivo e conservación de especies arbóreas autóctonas. No tempo compartido co alumnado falou tanto experiencias vitais como profesionais sempre coa investigación científica como fío condutor. 

mércores, 10 de febreiro de 2021

domingo, 7 de febreiro de 2021

A pesar da choiva imos avanzando coas gravacións das aves

 

Entre o COVID-19 e o tempo atmosférico non o estamos tendo fácil pero xa temos moitas gravacións para incorporar á aplicación. 

Lástima que moitas das especies invernantes como a gabita vaian escapar sen poder ir a gravalas, as restricións de mobilidade son necesarias así que teremos que conformarnos.