domingo, 29 de maio de 2022

Guías ornitolóxicos

 

Durante a visita dos alumnos do IES Miguel Catalán de Coslada os alumnos do Club de Ciencias realizamos unha visita guiada ao esteiro do Anllóns. Aproveitamos tamén para presentar a nosa nova aplicación que está publicada tamén na páxina do IES Eduardo Pondal

martes, 24 de maio de 2022

domingo, 22 de maio de 2022

Seguimos traballando a concienciación coas limpezas de praias.

 


Depois de que a semana pasada foran os alumnos de 3º da ESO os participantes na limpeza, esta semana correspondeulles aos alumnos de 4º ESO. 

Seguimos avanzando no noso proxecto de concienciación

martes, 17 de maio de 2022

Sons do Anllóns



Tras dous anos de traballo temos dispoñible a aplicación "Sons do Anllóns" en galego e castelán.

O curso pasado empregamos a plataforma Birdnet para facernos cos cantos das aves da comarca. Unha vez ordenados nun banco de sons procedimos este curso a ordenalos nunha aplicación

Tedes máis información no seguinte enlace


xoves, 5 de maio de 2022

Rematamos o artigo e xa está enviado á Incubadora de Sondaxes.

 

O proxecto lunáticos está rematado e entregado no concurso "Incubadora de Sondaxes"

Por agora non podemos dicir nada dos resultados, pero a final de mes xa rematará o segredo.