xoves, 17 de xuño de 2021

As nosas pataquiñas dan resultado na horta

 


 

Xa temos resultados na nosa investigación coas patacas. 

En primeiro lugar atopamos patacas aluadas en todas as zonas e tendo en conta que todas as patacas que recollimos foron plantadas o mesmo día é evidente que aluarse ou non é independente da fase da Lúa na que se planten.

Tamén quedou claro que dá igual como cortemos as patacas. Todos os cuadrantes tiñan patacas grandes excepto o que non tiña abono. En conclusión o abono é fundamental para o aumento de tamaño das patacas.

sábado, 5 de xuño de 2021

Somos finalistas no XI Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos


  Agora toca defender o noso traballo na final que terá lugar o próximo venres 11 de xuño. Moita sorte aos encargados de explicar o traballo "Lobo ou can. ti que dis?"