sábado, 24 de marzo de 2018
xoves, 22 de marzo de 2018
Mañá imos ao IES Urbano Lugrís de Malpica a explicar a nosa investigación
Todo preparado para facer unha demostración do cálculo da DBO, da recollida de mostras e da vida microscópica do noso océano.
mércores, 21 de marzo de 2018
Invitados sorpresa
Fixádevos ben no vídeo que está enlazado á imaxe. Non só podemos ver o movemento do protozoo, en segundo plano vemos outros organismos que cruzan a escena.
luns, 19 de marzo de 2018
Seguimos observando
E seguimos vendo novos organismos.
Neste último caso pinchando sobre a imaxe poderás ver un vídeo co movemento que mostrou á cámara.
Neste último caso pinchando sobre a imaxe poderás ver un vídeo co movemento que mostrou á cámara.
domingo, 18 de marzo de 2018
O tempo sigue sen dar tregua
E este venres Carlota e Virginia tiveron que lidiar de novo con precipitacións variadas e con moito frío. O traballo de laboratorio é máis cómodo que o de campo.
mércores, 14 de marzo de 2018
luns, 12 de marzo de 2018
Seguimos observando
Nas mostras de auga había moitos organismos vivos pero non os imos ver todos seguidos que igual cansa. Aquí tedes outra mostra, neste caso un protozoo.
venres, 9 de marzo de 2018
Vivindo na auga de mar
Levamos xa un tempo traballando no laboratorio coas mostras que recollemos no mar e xa ía sendo hora de botarlle un ollo aos seres vivos que veñen nesa auga.
Empezamos por un alga cun colorido espectacular.
xoves, 8 de marzo de 2018
Introducindo datos no epicollet
Xa levamos días nos que o mostreo é independente e parece que estamos funcionando moi ben. Os datos van entrando con orde e aínda non tivemos perdas importantes.
Lembrade que sempre poderedes completar algún dato que non escribiramos no momento posto que epicollet nos permite facelo.
Lembrade que sempre poderedes completar algún dato que non escribiramos no momento posto que epicollet nos permite facelo.
luns, 5 de marzo de 2018
Des-extinciónes. Una inmersión rápida
Podemos des-extinguir especies? Trátase dunha pregunta técnica que ten unha resposta apaixonante. É posible facer que o dodo ou o mamut volvan a poboar os nosos ecosistemas?
Debemos des-extinguir especies? Pois igual esta é a primeira pregunta que deberiamos facernos antes de intentalo.
Respostas e reflexións sobre o tema podemos atopalas neste libro de Carles Lalueza-Fox. Apaixonante coma sempre.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)