O próximo luns 26 de xaneiro retomamos a actividade do club de ciencias tras unhas merecidas vacacións. Lembrade que esta é a vía de aviso para saber cando hai ou non club de ciencia.
É importante que veñades á reunión para organizar a semana posto que temos dúas actividades pendentes:
- O día 29 comezamos coa horta en dous turnos: 1º,2º e 3º da ESO a segunda e terceira hora e 1º e 2º Bacharelato a cuarta e quinta hora.
- O venres 31 de xaneiro imos a Coruña á Domus e ao Planetario. Saímos a 2º hora e voltamos sobre as 18:30.