xoves, 28 de outubro de 2021

Novo proxecto de curso


 

Este curso iniciamos un novo proxecto centrado nos residuos e a reciclaxe. 

Os pequenos pasos son os que fan camiño e na xestión dos residuos calquera pequeno avance é un gran éxito.

domingo, 24 de outubro de 2021

Este mércores intentaremos ver estrelas.

 


Parece que vai estar completamente despexado así que imos intentar ver Xúpiter, Saturno, Venus e algunha cousiña máis.

xoves, 7 de outubro de 2021

Comezamos colaborando co proxecto Quelonia na limpeza de praias.


 

A pesar de que o tempo non axudou moito fomos quen de facer un bo traballo retirando máis de 80 quilos de lixo da praia da Ermida.