Na mañá de hoxe contamos coa presenza no IES Eduardo Pondal de Ponteceso da investigadora do CSIC Nieves Pilar Vidal González. Doutora en Bioloxía é investigadora no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia e achegouse ao noso centro grazas a un programa do CSIC para acercar o traballo das mulleres científicas aos alumnos de secundaria. A súa ponencia titulada "Falemos das árbores: para investigar precisamos de todas as mentes e todas as mans." foi dirixida ao alumnado do Club de Ciencias do Instituto e versou sobre os seus temas de investigación relacionados co cultivo e conservación de especies arbóreas autóctonas. No tempo compartido co alumnado falou tanto experiencias vitais como profesionais sempre coa investigación científica como fío condutor.
Ningún comentario:
Publicar un comentario