xoves, 7 de marzo de 2019

Especies invasoras da Costa da Morte


Xa temos avanzado un novo proxecto do Club de Ciencias: Un mapa de especies invasoras da Costa da Morte. A nosa comarca ten unha flora autóctona única que está sufrindo polo rápido crecemento dunha serie de plantas invasoras que compiten con elas polo espazo e os nutrientes. Coñecer o estado destas bioinvasións pode axudarnos a reducir o problema.
Para botarnos unha man só tes que seguir os seguintes pasos:
  1.  Descarga no teu móbil a aplicación Epicollet. (Válida para Android e IOS)
  2. Abrir a aplicación e engadir un proxecto. No buscador de proxectos poñer "Invadindo a Costa da Morte"
  3. Pasear pola nosa comarca e cando subir a localización e as fotos das especeis invasoras:
    1. Engadir entrada
    2. Elixir a especie atopada
    3. Pinchar a localización e subir unha imaxe
    4. Cando rematemos gardar e subir a entrada.

Por agora centramos os nosos esforzos en catro especies:
  • Mimosa. (Acacia dealbata) De orixe australiano, forma grandes masas arbustivas cunha baixa riqueza ecolóxica. Crece rapidamente tras os incendios reducindo o espazo dispoñible para as especies autóctonas. (Máis información)



  • Herba da Pampa (Cortaderia seollana) Cunha gran capacidade de supervivencia e rexeneración tras incendios. Cubre grandes masas reducindo o espazo dispoñible para especies autóctonas. (Máis información)





  • Vinca (Vinca ) Aínda que é orixinaria de África e sur de Europa a vinca está comportándose como especie invasora ocupando grandes espazos mediante un rápido crecemento. (Máis información)




  • Unlla de gato (Carpobrotus edulis) Planta rastreira que crece no litoral. Procedente de Sudáfrica, cubre grandes superficies da nosa costa competindo coas especies autóctonas. (Máis información)





  • Margarita africana. (Arctotheca calendula) Reemplaza ás especies autóctonas en ecosistemas dunares e litorais.(Máis información)

Ningún comentario:

Publicar un comentario