O razonamento científico baséase no método indagativo, un sistema de traballo que nos permite afirmar por exemplo que as vacinas son un dos grandes avances médicos e sociais dos últimos séculos. Grazas a elas conseguimos vencer á variola, unha das enfermidades máis terribles do planeta. Porén, neste mundo da información algunhas persoas evitan facer uso desta e seguen negando a súa importancia poñéndonos a todos en perigo.
Vax, un xogo on line, permítenos entender por que é importante que a maior cantidade de xente posible estea vacinada contra as enfermidades.
A rede da imaxe representa unha sociedade coas relacións que establecemos entre nós. En cada nivel do xogo permítennos un número determinado de vacinas para frear unha epidemia. Cada vacina rompe enlaces reducindo as posibilidades da infección.
Cantas máis persoas vacinadas, menor probabilidade de epidemia, é así de fácil.
Ningún comentario:
Publicar un comentario