xoves, 25 de outubro de 2018

Física cuántica con un gato zombi

Física cuántica con un gato zombi é un libro que explica de maneira moi sinxela propiedades moi interesantes e divertidas sobre a mecánica cuántica.




sábado, 6 de outubro de 2018

         A ignorancia dos antivacunas.


Vacunarte ou vacunar aos teus fillos ou non facelo é unha decisión propia pero se decides non facelo hai moitas cousas que deberías saber, como por exemplo o dano que lle podes causar aos demais.

                                          










mércores, 26 de setembro de 2018

Colaboramos nun proxecto de Ciencia Cidadá

https://www.zooniverse.org/projects/h-spiers/where-are-my-body-organs

Neste proxecto de Ciencia Cidadá piden a nosa axuda para averiguar canto sabemos de anatomía. Só tedes que localizar unha serie de órganos no corpo. Vale, está en inglés pero así practicamos.

luns, 18 de xuño de 2018

Expoñemos o noso traballo

Unha das fases do traballo científico é a comunicación, e así decidimos rematar este curso o noso club de ciencias. O venres 15 de xuño Sara, Virginia e Sheila explicaron aos outros clubs de ciencia da comarca o noso traballo de investigación: "Relación entre as condicións fisico-químicas do océano coas capturas de dez especies significativas"

luns, 11 de xuño de 2018

Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica


Svante Pääbo é o novo gañador deste prestixioso premio. Os seus estudos sobre ADN antigo foron revolucionarios tanto nos resultados como no aspecto metodolóxico.
Agora que estamos analizando os resultados da nosa investigación o premio a Pääbo lémbranos a importancia dunha metodoloxía planificada e metódica.

mércores, 6 de xuño de 2018

Xa queda pouco para falar con Ángel Carracedo


O día 15 de xuño temos unha cita con Ángel Carracedo e cos clubs de ciencia de Cabana de Bergantiños e Malpica.
Xa estamos preparando a nosa intervención no encontro.