Cun pouco de sorte, e moita previsión meteorolóxica, este próximo xoves 10 de novembro iremos ao faro de Brantuas a ver as estrelas.
Dende as sete teredes a posibilidade de colaborar.
Lembrade que este ano tamén falaremos de fotografía.

A medida que imos reducindo as restricións COVID tamén imos rematando fases do proxecto. O obxectivo deste curso é montar todas as constelacións sobre a tela e rematar a programación destas.
A traballar!
Comezamos a traballar no tema de investigación deste ano.
Vaite deitar!
Parece que algúns alumnos teñen sono a todas horas, outros non atopan o momento de apagar a luz e incluso algúns dormen como troncos toda a noite. Seremos capaces de atopar os motivos desta variedade soporífera?
Acompañados por Fran Canosa visitamos o Xeoparque de Cabo Ortegal para adentrarnos nos misterios da Xeoloxía.
A pesar do frío que nos trouxo o día fomos quen de gozar doutra xornada de aprendizaxe de campo entre algunhas das paisaxes máis impresionantes do mundo.Este é o cometa Haleboop e seguro que non o imos ver pero se o tempo o permite o próximo martes 18 de outubro as oito da noite estaremos vendo estrelas no faro de Brantuas.
Animádevos a aprender do ceo
CANCELADO POR CHOIVA