xoves, 15 de xaneiro de 2026

Xa temos resultados


 

Aquí temos a mostra 5 do rato. 

Fixemos cultivos de ratos e de teclados para ver se había diferencias significativas. 

Xa temos gran cantidade de bacterias para comezar a análise

luns, 12 de xaneiro de 2026

Novo proxecto de investigación


 Lanzamos o proxecto de investigación deste curso:

"Microorganismos nos ordenadores Edixgal" 

A primeira fase será a recollida de mostras para o seu posterior cultivo. 

venres, 21 de novembro de 2025

Ao redor dos incendios

 

En colaboración cos alumnos do ciclo superior de Paisaxismo e medio rural e Xestión forestal e medio rural de Fonteboa analizamos as causas, consecuencias e posibles solucións dos incendios que tivemos este verán no noso concello. 

Sempre é bo momento para repensar a nosa relación co noso medio natural e se o tempo dá unha tregua e podemos facelo sen chover moito mellor

Un pracer ver de novo aos nosos exalumnos e un agradecemento especial a Alejandro pola súa paciencia.

xoves, 6 de novembro de 2025

martes, 28 de outubro de 2025

Visitamos o Xeoparque de Cabo Ortegal

 


Por fin un pouco de sorte, nun día fantástico fomos quen de percorrer parte do Xeoparque de Cabo Ortegal e descubrir os motivos polos que é un dos lugares máis especiais do planeta.

xoves, 23 de outubro de 2025