mércores, 25 de marzo de 2026
Charla sobre o Cultivo in vitro de plantas superiores
Ruta pola enseada do Anllóns
Dentro da XXIV Semana Cultural do IES Eduardo Pondal o Club de Ciencia organizou unha ruta polo esteiro do Anllóns en colaboración co Programa de educación ambiental Patrimonio Natural.
martes, 24 de marzo de 2026
Aprendemos sobre o noso patrimonio natural
Onte comezou a nosa relación co Programa de educación ambiental Patrimonio Natural. Tres horas nas que falamos de morcegos con 1º ESO A, de mamíferos mariños con 1º ESO B e de Xeodiversidade con alumnos de bacharelato.
luns, 23 de marzo de 2026
xoves, 12 de marzo de 2026
Por fin o ceo dá unha tregua
Así que imos aproveitar para ver o ceo. Quedamos onde sempre, no Faro de Brantuas, as sete e media o próximo luns 16 de marzo.
Non veremos Saturno pero si poderemos aproximarnos a Venus e a Xúpiter. Tamén teremos oportunidade de visualizar algunha nebulosa máis próxima a nós ca nebulosa do Cranio que vemos na imaxe.
venres, 13 de febreiro de 2026
Congreso da NOSA
O pasado 11 de febreiro participamos no congreso da NOSA que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. En primeiro lugar presentamos unha ponencia cos resultados da nosa investigación sobre os microorganismos da estratosfera.
Tras a pausa para comer realizamos un xogo de confraternización con todos os participantes no congreso.
A exposición de resultados é parte fundamental do traballo científico polo que valoramos moi positivamente estas actividades.
luns, 19 de xaneiro de 2026
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






