xoves, 26 de marzo de 2026

Taller de potingues

 


Un clásico da nosa Semana Cultural, o taller de potingues para alumnado de 1º ESO no que os alumnos do Club de Ciencias funcionan como monitores.

mércores, 25 de marzo de 2026

Charla sobre o Cultivo in vitro de plantas superiores

 


En colaboración coa USC fomos quen de coñecer as marabillas da clonación vexetal. Resulta que un carballo cabe nun tubo de ensaio.

Ruta pola enseada do Anllóns

 


Dentro da XXIV Semana Cultural do IES Eduardo Pondal o Club de Ciencia organizou unha ruta polo esteiro do Anllóns en colaboración co Programa de educación ambiental Patrimonio Natural. 

martes, 24 de marzo de 2026

Aprendemos sobre o noso patrimonio natural

 

Onte comezou a nosa relación co Programa de educación ambiental Patrimonio Natural.  Tres horas nas que falamos de morcegos con 1º ESO A, de mamíferos mariños con 1º ESO B e de Xeodiversidade con alumnos de bacharelato.


luns, 23 de marzo de 2026

Comeza a Semana Cultural

 


E imos pouco a pouco preparando as moitas actividades que organizamos dende o Club de Ciencia

xoves, 12 de marzo de 2026

Por fin o ceo dá unha tregua

 


Así que imos aproveitar para ver o ceo. Quedamos onde sempre, no Faro de Brantuas, as sete e media o próximo luns 16 de marzo.

Non veremos Saturno pero si poderemos aproximarnos a Venus e a Xúpiter. Tamén teremos oportunidade de visualizar algunha nebulosa máis próxima a nós ca nebulosa do Cranio que vemos na imaxe.

venres, 13 de febreiro de 2026

Congreso da NOSA

 


O pasado 11 de febreiro participamos no congreso da NOSA que tivo lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela. En primeiro lugar presentamos unha ponencia cos resultados da nosa investigación sobre os microorganismos da estratosfera. 
Tras a pausa para comer realizamos un xogo de confraternización con todos os participantes no congreso.
A exposición de resultados é parte fundamental do traballo científico polo que valoramos moi positivamente estas actividades.