mércores, 22 de marzo de 2023

Organización ante todo

 

Un correcto reparto de tarefas e unha boa retroalimentación son imprescindibles para calquera proxecto científico

luns, 6 de marzo de 2023

As primeiros habitantes do acuario


 Tras limpar e encher o acuario por fin puidemos traer as primeiras especies!

Aínda que acordáramos introducir tan só unha especie para empezar, Brais e Salva viñéronse

arriba e trouxeron: dous ourizos, dúas anemones, un lorcho, un sargo, tres cangrexos ermitáns

e uns 25 camaróns.



Queda por ver como se adaptan, aínda que nun principio o sargo parece sufrir bastante e pode

que teñamos que devolvelo ao mar. Móstrase apático, perdeu cor e apenas come.



xoves, 23 de febreiro de 2023

Seguimos soldando no planetario

 

En breve comezaremos a programación e para facelo primeiro temos que rematar de soldar e coser as constelacións.

martes, 14 de febreiro de 2023

Vaite deitar!

 

Nin quedamos sen imaxes de bichos durmindo nin esquecimos a nosa investigación principal deste ano. 

Por se algúen ten curiosidade por saber os resultados aquí tedes un enlace para velos. (Enlace)

xoves, 2 de febreiro de 2023

Compañeiras do mar e do ceo

 


 Entre o 14 de xaneiro e o 6 de febreiro puidemos gozar no noso centro da exposición
Compañeiras do mar e do ceo cedida por CEIDA.


Esta exposición fala das aves que reinan nos nosos mares, as cales non son para nada alleas ao
noso alumnado por ser moitos deles familiares de mariñeiros e por ter nos corredores do
centro unha exposición permanente de aves feitas en madeira.


martes, 31 de xaneiro de 2023

Os xenes e o ambiente

 


 Este martes a nosa biblioteca vestiuse de gala para recibir a Ángel Carracedo. Á charla, titulada
Falemos de xenes e ambientes, asistiron máis de 50 persoas de toda a comunidade educativa e
foi presentada polas alumnas Candela, Nerea e Inés.
O xenetista e catedrático Ángel Carracedo debullou dun xeito sinxelo e ameno a relación entre
a xenética e as enfermidades mentais. Tras a charla, respondeu ademais a todas as preguntas
formuladas polos asistentes, que non foron poucas.

mércores, 25 de xaneiro de 2023

Visitamos o CIMUS e a Fundación de Medicina Xenómica acompañados por Ángel Carracedo

 

O pasado luns 23 de xaneiro un grupo de 24 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato desprazáronse

a Santiago para visitar o Cactus, o Cimus e mais a Fundación de Medicina Xenómica.

Na primeira parte da visita, fixéronse dous grupos e, mentres o primeiro se dirixía ao Edificio

Cactus o segundo facía unha visita ao Cimus acompañados polo xenetista Ángel Carracedo.



Máis tarde encontrariámonos na Fundación de Medicina Xenómica onde, ademais de tomar un

café con Ángel Carracedo, puidemos gozar dunha visita guiada polas laboratorios das

instalacións.